Publicacións

Así nos foi o Safari de Castrelo, Cambados!

Imaxe
Safari de Historias e Viños . Castrelo, Cambados. Domingo 21 de Setembro Pois si así empezamos, como acabaremos! Decididamente estes dous cans non nos van axudar no noso próposito: Cazar viños e historias na parroquia de Castrelo. Eles, e a Fundación que os acolle, son o noso punto de partida e o final. Antes haberá que percorrer lugares fermosos Que normalmente dan abrigo a un bo número de aves migratorias, xa que estamos no Complexo Intermareal Umia - Grove.  Hoxe, coa marea tan baixa non da para velas, pero a paisaxe compensa. Os cazadores de fotos ben o saben.  E os pescadores non buscan a beleza. Chégalle con meter algún peixe nas cesta. Sen decatarse da fermosa imaxe que deixan 😍 Tamén hai moita mariscadora que vive destas terras. Acabábamos de atoparnos cun vixiante. No verán elas mesmas teñen que botar unha man nas tarefas de vixianza. A xente segue sen saber que o marisco hai que sembralo... Este photocall o que sembra é un montón de fotos!  Os amigos de Lagar d...

SAFARI DE HISTORIAS E VIÑOS; CASTRELO, CAMBADOS

Imaxe
  Estimad@s soci@s tod@s, Preparade os pantalóns e sombreiros de exploradores, aceptamos prendas Panama Jack, que nos vamos de Safari!! Iremos na procura de viños e historias na bendecida parroquia de Castrelo, Cambados. Bendecida pola desembocadura do Umia e da zona Intermareal O Grove - Umia.  Terra de grandes adegas de formato pequeno! 😍 Por orden de aparición na ruta: Lagar de Costa (https://www.lagardecosta.com/) Albamar (https://www.facebook.com/BodegasAlbamar/?locale=es_ES) Nanclares y Prieto (https://nanclaresyprieto.es/) Constantina Sotelo (https://www.constantinasotelo.com/) Pasaremos diante delas e por parte dos seus viñedos. Nas fotos podedes ver como Castrelo é en realidade un mar de viñas, delimitado por outro mar.  Con praias Chiringos e telleiras Historias de marisqueo, de contrabando... E ademais de todo iso, por si non chegara, tamén hai un sitio realmente especial: A Fundación Manolo Paz . Un lugar certamente inspirador: Para algúns mais que para ou...

Así foi o CeC Festa do Vinho Alvarinho e Fumeiro

Imaxe
  Un grupo nada rosmón! Unha Festa de Alvarinho e de Fumeiro con 30 adegas O río Mourentano co seu Muiño Por suposto o Miño: E tamén historia: Historia termalista que segue en funcionamento. Coa fonte e co balneario  Pasarelas Camiños empredrados Adegas...na foto a Quinta Pigarra elaboradora de Encostas de Melgaço. Moi perto está a Quinta do Louridal elaboradora do Alvarinho Poema. Tamén pasamos por Reguengos de Melgaço e por Dom Salvador  Algunha  costiña tamén houbo... E por fin, a compra do copo máxico :-) Catas nos stands tamén houbo algunha. O que non hai son fotos que estaban as mans ocupadas😊 Algunha botella á sombra da muralla...escapando do barullo 🙉  Ate un canastro vixiando o Minho e as obras da adega de Louridal. Por non olvidarnos do bo tempo, da calor ao mediodía, da pérdida dun socio, da recuperación do mesmo, do reencontro con Jose de Alvaianas, de novos vinhos que coñecimos, de cafés com natas, e en xeral dunha xornada moi agradable e con gana...