SAFARI DE HISTORIAS E VIÑOS; CASTRELO, CAMBADOS

 



Estimad@s soci@s tod@s,

Preparade os pantalóns e sombreiros de exploradores, aceptamos prendas Panama Jack, que nos vamos de Safari!!

Iremos na procura de viños e historias na bendecida parroquia de Castrelo, Cambados. Bendecida pola desembocadura do Umia e da zona Intermareal O Grove - Umia. 

Terra de grandes adegas de formato pequeno! 😍


Por orden de aparición na ruta:
  • Lagar de Costa (https://www.lagardecosta.com/)
  • Albamar (https://www.facebook.com/BodegasAlbamar/?locale=es_ES)
  • Nanclares y Prieto (https://nanclaresyprieto.es/)
  • Constantina Sotelo (https://www.constantinasotelo.com/)
Pasaremos diante delas e por parte dos seus viñedos. Nas fotos podedes ver como Castrelo é en realidade un mar de viñas, delimitado por outro mar. 


Con praias


Chiringos e telleiras


Historias de marisqueo, de contrabando... E ademais de todo iso, por si non chegara, tamén hai un sitio realmente especial:


A Fundación Manolo Paz. Un lugar certamente inspirador:


Para algúns mais que para outros:


Por certo, a Vice parece que vai poder estar nesta convocatoria! 😃
E incluso, momento histórico, o Presi! 
Isto vai a estar a altura de coñecer a Robin Masters, o dono do chalete (e do Ferrari) onde vivía Magnum P.I.!

Oliver Weiss ( www.olivigo.work) home ocupado onde os haxa, será quen nos dirixa a cata dos diferentes viños que consigamos cazar (ou pescar). 

A ruta empezará e acabará na Fundación Manolo Paz, con visita guiada incluida. Despois de coñecer a historia do lugar e as súas obras, e se temos sorte incluso ao propio Manolo Paz, pasaremos a catar os viños das adegas por onde pasemos. 

Non vos preocupedes que faremos trampa e xa estarán os viños esperando na nevera 😉 Non teredes que facer de porteadores...polo menos esta primeira vez de safari. Para a seguinte xa o pensaremos...

Por certo, a idea de facer un Safari de viños, se me ocorreu lendo o libro de Santi Rivas; Deja todo o deja el vino! Ten un cápitulo que fala de Safari de viños, pero en outro sentido. A min inspiroume para crear esta sorte de Panama Jacks buscadores de tesouros engarrafados en 75 Cl. 😀

Tiven a sorte de asistir a presentación do libro en Muta e a verdade que foi moi interesante ( e moi divertida!). Por se non o sabedes, Santi sempre fala marabillas de Albamar e Nanclares y Prieto. Dous exemplos:

https://www.esquire.com/es/donde-comer-beber/a65154225/mejores-vinos-espanoles-2025-santi-rivas/

https://www.esquire.com/es/donde-comer-beber/a45802066/mejor-vino-albarino-menos-de-20-euros/

Podemos concluir, sen medo a equivocarnos, que Castrelo é o Downtown do Wineloverismo no Salnés 💪

Por certo que en Outubro os veciños organizan a Mostra dos Viños do Mar:

Unha interesante cita con participación de todas as adegas da zona e outras mais. A finalidade da mostra e recadar fondos para a festa patronal de Castrelo!! Con ese fin que menos que participar nela 😀

No túnel de viños, por exemplo!

E despois do chateo:


E se queredes saber mais da zona: 

https://bikeandwinegalicia.wordpress.com/2023/07/18/da-revolta-a-cambados-e-reviravolta/

Pero volvamos ao tema!

Organización:

Data: Domingo 21 de Setembro.

Hora de Saida de Vigo; 10.00 h.

11.00h na Fundación.

Lugar de encontro: Fundación Manolo Paz https://maps.app.goo.gl/ft5ZN5omvu8eKAEU9

Distancia: 8 Km

Dificultade: Baixa

Necesario

Levar roupa cómoda e zapato para camiñar. Teremos pistas anchas e tamén estradas secundarias. 

Levar bocadillo ou comida para a pausa (non haberá pincho na cata).

Custo da saída: 30€ Inclúe seguros, guías, e cata comentada de polo menos unha referencia das 4 adegas mencionadas.

Alguén dixo sí?? Por favor, apúntadevos con tempo para poder organizar a compra de viño e demais asuntos. Aos que se apunten iremos dando información detallada.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Semana Santa en Valdeorras: Bodegas Sampayolo, A Coroa e As Covas de Seadur.

Camiña e Cata Adega Pateira. Domingo 22 de Xuño