Publicacións

Convocatoria Camiña e Cata Veigamoura - Domingo 14 de Xuño

Imaxe
Soçis!! O domingo 14 nos espera o Toni para ensinarnos o seu magnífico viñedo: Alí mesmo probaremos dous dos seus viños: O Veigamoura e o Triopo. O segundo é unha nova creación que Toni está desenrolando cun dos Pablos. O Juncal.  Que teña un petrogrifo no medio non debe ser casualidade! Dende este outeiro este afable Viticultor Celta non vixia a chegada dos enemigos...ou sí??  Ala enriba o viñedo é claramente ventilado e tamén exposto ao sol. Coma el dí: "O segredo do meu viño está na parcela". Camiñaremos ate alí. Subindo, en marcado estilo Viño Activo, os 300 metros de desnivel que lle separan do Rio Deva. Iso para nós non é nada 💪 😃 Un río Deva, que por certo, en tramos é precioso. E como non, está cheiño de muiños.  Acabaremos sendo expertos 😀  A éste con teito ondulado vamos ter que abrirlle unha categoría 😁 Pero vamos á organización! Punto de saida:  O muiño da Señorina, a ponte de San Xoán de  Mourentán (falsamente chamada Romana) e a Praia fl...

Así foi o CeC Granxa D´Outeiro

Imaxe
 Benvidos ao Camiña e Cata Granxa D´Outeiro! Nos esperan Zaida e Raquel. Aparcamos e comenzamos a camiñar. Raquel nos acompaña 💪 Primeira parada no Pociño de Francelos. Para logo adentrarnos nun inmenso viñedo abandoado. Onde nos espera unha curiosa formación. A que está intentando encadrar o fotógrafo 😉 O resultado! E abaixo con monequiños para ter unha millor idea do tamaño do Para do Pé (ou Pedra da Visera)  E logo despois de perdernos, o noso inefable guía retomou o camiño correcto: Dando tempo para que o fotógrafo faga o seu traballo, claro está: Que por certo, ben que corría a auga. Como se notou que ese mesmo día os de Francelos fixeron quedada para limpar a Levada Nós atopámonos co mais ameazante da foto; O do machado 😅  Que en vez de medo, nos deu conversa. E abofé que foi un pracer falar un ratiño con el! 😃 Grazas por manter esa sana costume comunal de limpar a levada e os camiños!! Dios mío; O que hai que facer para tomar un viño! Inda que sean dous! (Franc...