Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2026

Convocatoria Camiña e Cata Veigamoura - Domingo 14 de Xuño

Imaxe
Soçis!! O domingo 14 nos espera o Toni para ensinarnos o seu magnífico viñedo: Alí mesmo probaremos dous dos seus viños: O Veigamoura e o Triopo. O segundo é unha nova creación que Toni está desenrolando cun dos Pablos. O Juncal.  Que teña un petrogrifo no medio non debe ser casualidade! Dende este outeiro este afable Viticultor Celta non vixia a chegada dos enemigos...ou sí??  Ala enriba o viñedo é claramente ventilado e tamén exposto ao sol. Coma el dí: "O segredo do meu viño está na parcela". Camiñaremos ate alí. Subindo, en marcado estilo Viño Activo, os 300 metros de desnivel que lle separan do Rio Deva. Iso para nós non é nada 💪 😃 Un río Deva, que por certo, en tramos é precioso. E como non, está cheiño de muiños.  Acabaremos sendo expertos 😀  A éste con teito ondulado vamos ter que abrirlle unha categoría 😁 Pero vamos á organización! Punto de saida:  O muiño da Señorina, a ponte de San Xoán de  Mourentán (falsamente chamada Romana) e a Praia fl...