Así foi o CeC Festa do Vinho Alvarinho e Fumeiro
Un grupo nada rosmón!
O río Mourentano co seu Muiño
Por suposto o Miño:
E tamén historia:
Historia termalista que segue en funcionamento.
Coa fonte e co balneario
Pasarelas
Camiños empredrados
Adegas...na foto a Quinta Pigarra elaboradora de Encostas de Melgaço.
Moi perto está a Quinta do Louridal elaboradora do Alvarinho Poema. Tamén pasamos por Reguengos de Melgaço e por Dom Salvador
E por fin, a compra do copo máxico :-)
Catas nos stands tamén houbo algunha. O que non hai son fotos que estaban as mans ocupadas😊
Algunha botella á sombra da muralla...escapando do barullo 🙉
Por non olvidarnos do bo tempo, da calor ao mediodía, da pérdida dun socio, da recuperación do mesmo, do reencontro con Jose de Alvaianas, de novos vinhos que coñecimos, de cafés com natas, e en xeral dunha xornada moi agradable e con ganas de repetila na próxima edición!
Grazas a todos os socios que se animaron, que foron moitos e con moi bo ánimo!! De Rosmóns nada. Todo o contrario 😁
E recorden soçis, como diría Toy; Agua não!!
Comentarios
Publicar un comentario