Camiña e Cata a Granxa D´Outeiro
Cando o río Outeiro está a piques de morrer no Miño forma O Pociño de Francelos : Un bonito recuncho onde os páxaros cantan sen fin e o tempo parece pasar ao ritmo lento do propio río. Xusto enriba de nós está a bodega da Granxa D´Outeiro , que obviamente recibe o nome do rio que ten aos pes: Eiquí comezaremos a camiñar, para enseguida atoparnos cun inmenso viñedo abandonado: Socalcos esmorecendo, agora cubertos de vexetación e árbores posiblemente centenarias. O que en tempos era unha gran viña agora e unha paisaxe de arbores e grandes penedos: Paisaxes, e camiños últimamente atacados pola invasión da insistente acacia: Papando completamente o camiño que tamén levaba centos de anos dando servizo 😔 Seguindo a subida nos atopamos con espectaculares vistas do Miño e da propia Granxa D`Outeiro e os seus viñedos. E seguiremos monte arriba. E na cima atoparemos o Chan da Moura . Un lugar entre máxico, telúrico e histórico: Entre penedos, unha morea de covas, un lag...