Así nos foi o Safari de Castrelo, Cambados!

Safari de Historias e Viños. Castrelo, Cambados. Domingo 21 de Setembro


Pois si así empezamos, como acabaremos!

Decididamente estes dous cans non nos van axudar no noso próposito: Cazar viños e historias na parroquia de Castrelo. Eles, e a Fundación que os acolle, son o noso punto de partida e o final.

Antes haberá que percorrer lugares fermosos

Que normalmente dan abrigo a un bo número de aves migratorias, xa que estamos no Complexo Intermareal Umia - Grove. 

Hoxe, coa marea tan baixa non da para velas, pero a paisaxe compensa.

Os cazadores de fotos ben o saben. 

E os pescadores non buscan a beleza. Chégalle con meter algún peixe nas cesta. Sen decatarse da fermosa imaxe que deixan 😍

Tamén hai moita mariscadora que vive destas terras. Acabábamos de atoparnos cun vixiante. No verán elas mesmas teñen que botar unha man nas tarefas de vixianza. A xente segue sen saber que o marisco hai que sembralo...

Este photocall o que sembra é un montón de fotos! 

Os amigos de Lagar de Costa nos esperan ao pe do seu viñedo mais fotografado. Con ese mar de fondo non é para menos. 

Ao final xúntamonos unha boa representación! 

Posamos antes de ver a adega e que nos contaran o que estaban facendo. E de paso, como fan para recibir tanto premio na Cata da Festa do Albariño de Cambados. Este ano un Terceiro. Xa levan dous primeiros, algún segundo, algún terceiro... Á pregunta de cantos levan, ten que facer contas; Boa sinal 😀

Inda queda unha leira esperando por premios 😄


Despois dun rato moi agradable cos irmáns que leva Lagar de Costa, a segunda xeración ao mando 💪,  toca seguir o camiño. 


Sorprendeunos ver esta fileira sen recoller. De alcohol ha de estar ben...


Casiñas que fan soñar. Case te ves vivindo de viticultor. Asustado polo mildiu, dando sulfato, podando... cando chove e cando fai frio tamén  😌


Case mellor recuperar o proxecto de Horreo B´n´B! Un pouco de tecnoloxía camper e pa´ diante! 😏


Pero esta casiña tan bonitiña, sí que convenceu a un para quedarse a facer viño. Un que non era do sector, que viña a Galicia a navegar, que comprou esta casa para seguir navegando e acabou vendendo o barco para comprar unha cuba de 5.000 litros. Alberto Nanclares; de consultor a viticultor. Seguro que non foi doado. E seguro que a axuda que atopou no camiño, a de Silvia Prieto, Ex-técnica de laboratorio, lle viu de perlas. O resultado é Nanclares y Prieto, unha adega con moita proxeción e recoñecemento 👏 


Xusto ao seu carón está a adega , e casa tamén, de Constantina Sotelo. Entregada aos viños da terra e a elaboración tradicional. Viños con moitísima personalidade. Arriscados. De feito fora da D. O. Me comentan que o ano pasado perderon case o 80% da produción. Risco tamén na produción da uva. 

E seguindo a nosa ruta, chegamos a taberna dos pais de Xurxo a tomarlle unhas xarras de albariño.  


Un non sabe onde acaba a taberna e empeza a adega: Bodegas Albamar. 


Podes ver o Celta mentres os viños fan a crianza en foudres, ovos de formigón, cubas...


Despistados nos colleu a nós a choiva! Tan tranquilos que estábamos co albariño e o xamón!


Xurxo nos abre as portas da adega para que curioseemos. Que diso pecamos bastante... E tivemos a sorte tamén de coñecer a un bo cliente, amigo e socio del. Andrea vende os seus viños en Italia, son amigos e ademais teñen un proxecto conxunto de elaboración de viños; Que marabilla!!  O proxecto chámase AAA. Estremos atentos!

Marchamos, que temos que marchar!


Pasamos pola igrexa parroquial de Castrelo, para ensinarlle ao grupo onde se celebra a Mostra dos Viños do Mar e os recomendables Tuneis de Viño e catas. 


A foto era obrigada, inda que a Vice queda tapada polas follas 😀
E seguimos que nos espera Manolo na Fundación.


En poucas ocasións podes coñecer a algúen coma Manolo. Un escultor de renome con obra pública en Xapón, Bélxica, Alemaña, Portugal, o Parque Escultórico Torre Hércules, na Cidade da Cultura e un largo etcétera e que che comente a súa obra sen ningunha pretensión. E de cando compartiu Galería con Andy Warhol. E ver coma os seus ollos se encenden cando fala de New York. E como che fai sentir comodo na súa casa. Coa súa magnífica obra rodeándote. E que estás falando cunha persoa que non quere ser máis que naide e faite sentir a guuuuusto!  


Os que non coñezan a Fundación que non deixen de visitala, de verdade!


E inda por riba tivemos sorte co tempo!!


E coma se o Rio da Memoría fose, o Xeneral Manolo cruza,  e nos chama un por un polo noso nome 😃


Cando estás fora éstes dous meten un medo que parecen leóns, pero cando estás dentro...inda máis 😎

E chegou o momento da cata! 


Eiquí o orgulloso cazador coas pezas que cobrou 😀


A identidade oculta de Robin Masters ( o dono do Ferrari) facéndonos a cata dos viños:


Inda botou un rato e mantivo a atención dos socios 👏 👏
Moitas grazas Oliver pola túa oportuna interpretación dos viños que tivo moi boa acollida entre os soçis!
Os viños tamén axudaron, claro 😀
Eu tiven a honra de que Manolo me nombrara Mago Oficial, por conseguir sacar viño para tantos dunha botella!! 😅


E despois dos 11 viños un pouco de descanso e se cadra socializar...


Non parecían cazadores, pero non se lle está dando mal a tarde 😎

En resumen, queridos Soçis, pola miña banda un luxazo de ruta, de bodegas, de compañia, de fin de festas na compaña de Manolo e o seu "taller" e con moitas gañas de volver ir de Safari. 
Espero que vos tamén! Xa me comentaredes!
Grazas as catro adegas, a Manolo e a todos vos por facelo posible 😍




Comentarios

Entradas populares de este blog

SAFARI DE HISTORIAS E VIÑOS; CASTRELO, CAMBADOS

Semana Santa en Valdeorras: Bodegas Sampayolo, A Coroa e As Covas de Seadur.

Camiña e Cata Adega Pateira. Domingo 22 de Xuño