Publicacións

Así foi o Camiña e Cata Viña Moraima

Imaxe
A terceira vai a vencida! Por fin podemos estrear as xornadas de Camiña e Cata do 2024!  E supoño que non podía ser de outro modo. En Barro, da man de xente amiga ( Roberto Rivas de Viña Moraima e David Abal , viticultor, Cooperativista de Martin Codax e familiar), pasando pola aldea do meu pai, Valiñas ( https://bikeandwinegalicia.wordpress.com/2023/10/08/un-canto-a-valinas-jei/)  e disfrutando dun auténtico diazo de sol!  Visto así, normal que nos xuntáramos un nutrido grupo. Case chegamos aos 30! Quedamos as 10.00h en Moraima para empezar a camiñar e salvo unha parelliña, todos chegaron en hora.   A primeira parada no Illó , en Valiñas. Alí nos esperaba Roberto para contarnos como se fai uva por estos lares. Para empezar explicounos que é o patrón directo (ou pe franco, inda que a Roberto non lle gusta muito esta segunda acepción 😉) Para que non o saiba esta zona do Salnés aguantou ben o ataque da Filoxera e non tivo que ser inxertada co patrón americano. De ah...

Camiña e Cata Viña Moraima - Domingo 24 de Marzo

Imaxe
  O Domingo 24 de Marzo, Meteo mediante 😅, nos espera esta rutiña 💓 Non é larga e ten pouco desnivel. Inda que ninguén nos vai librar de subir aos muiños de Barosa! Primeira parada vai ser no Illó, Valiñas. Roberto Rivas, un dos cooperativistas de Moraima nos recibirá no seu viñedo principal e nos contará in situ algún segredo da súa viña favorita. Entre outras cousas, do Ratiño que ten alí. Ao final da ruta será el quen nos faga a visita a Moraima.   Segunda parada en Vilar, tamén en Valiñas. David e un investigador. Non privado, coma Thomas Magnum, se non científico, que deixou esa carreira profesional para facerse viticultor. Saberemos de primeira man como lle vai!   Antes de chegar a Barosa pasaremos por varios viñedos, entre eles a finca Genoveva que leva Forjados del Salnes e da lugar aos seus preciados Leirana Finca Genoveva (Albariño) e Finca Genoveva Caiño Tinto. Cando cheguemos a Barosa tocará un descansiño e repoñer algo de forzas. O sitio da para iso!  ...

Camiña e Cata Videiras No Mar (Hio, Cangas do Morrazo)

Imaxe
-. Videiras No Mar? Que será iso?? -. Representación gráfica: -. Pero Viño Activo vainos levar a ver esa videira e nada máis? -. Claro que non! Vai levarvos a ver a bodega de Luis Videira , que se chama Videiras No Mar e está pegadiña a praia de Area Brava : -. Ahí hai unha bodega?? Estás de coña, Miguel. -. Non, non estou: E ten dous viñazos brancos, o tinto inda non o probei.  Quereres do Hio seica ten 92 puntos na guía Parker e o Berobreo, que ten barrica, ten Ouro + na guía de Paadín.  -. Carallo! E que son? Albariño? -. Albariño, Treixadura, Loureira e Caiño. Como che queda o corpo? -. Con ganas de ir. E qué ruta faremos? -. Pegadiños pola costa, todo canto poidamos ate chegar a Couso: -. E cando cheguemos a Couso que faremos? -. Voltar polo mesmo camiño e seguir ate Pinténs: A esas alturas xa lle calculo que teredes sede... e fame! Haberá que ir onde o Luis a probarlle os viños e tomar unhas tapas "tapaburacos".   Horario : Comenzaremos a camiñar a eso das 10.00h ...