Camiña e Cata Viña Moraima - Domingo 24 de Marzo
O Domingo 24 de Marzo, Meteo mediante 😅, nos espera esta rutiña 💓
Non é larga e ten pouco desnivel. Inda que ninguén nos vai librar de subir aos muiños de Barosa!
Primeira parada vai ser no Illó, Valiñas. Roberto Rivas, un dos cooperativistas de Moraima nos recibirá no seu viñedo principal e nos contará in situ algún segredo da súa viña favorita. Entre outras cousas, do Ratiño que ten alí. Ao final da ruta será el quen nos faga a visita a Moraima.
Antes de chegar a Barosa pasaremos por varios viñedos, entre eles a finca Genoveva que leva Forjados del Salnes e da lugar aos seus preciados Leirana Finca Genoveva (Albariño) e Finca Genoveva Caiño Tinto.
Cando cheguemos a Barosa tocará un descansiño e repoñer algo de forzas.
O sitio da para iso!
Comida pouca que despois hai que subir escalóns ( e temos que deixar sitio para o pincho final!)
De escalón en escalón ate chegar ao segundo bar 😀
A partir do bar o camiño tornase doado e placentero... o poder dun bar 😇
Seguiremos un anaquiño así e...
Na ponte de Búa facemos a reviravolta
E veña; mais diso bonito e gustoso.
A maior dificultade da ruta e non parar neles!
Pero non podemos que nos espera Moraima cargadiña de boas intencións!
Antes pasaremos pola fermosa Capela das Virtudes...a ver si se nos pega algo ☺️
Un pouquiño de monte e pista parcelaria e chegaremos ao premio final.
Nos esperan os albariños Aba e Moraima, o Caiño Tinto e o Ratiño!!
Ademáis de tortilla e outros pinchos para recuperar as calorías perdidas. As nosas andainas case sempre teñen Gasto calórico negativo...Consumir, consumimos, pero tamén compensamos 😃
Organización
Localización de Viña Moraima:
https://maps.app.goo.gl/vcgEbD9cRgtLcxr1A
Aparcamiento:
Espazo de sobra na "vella" carretera nacional. Diante da bodega.
Horarios:
10.00h en Moraima para sair
10.45h Finca do Illó
12.00h Vilar
13.30h Barosa - Bocatín
15.30h/16.00h; Visita a Moraima
Saida de Moraima: 17.00/18.00h
Compartir coche:
Algún de vos xa vos coñecedes e falades para compartir. Os outros, podedes facer unha oferta, por exemplo, en https://amovens.com/ que é gratuito e con menos usuarios (difícil que alguén alleo a Viño Activo se apunte a esta ruta) .
Idea: Facer a oferta cos horarios xustiños e pegadea nas nosas redes coma comentarios da publicación da andaina (unha delas).
Inscricións;
Socios: Transferencia de 30€ á nosa conta con asunto nome completo ou número de socio.
Se sodes máis de un socio enviar copia da transferencia con nome dos inscritos.
Venres ao mediodía péchanse as inscricións.
Non socios: Recordámosvos que as nosas actividades son exclusivas para socios. Interesados enviar mail a vinoactivogalicia@gmail.com con Nome completo, número de DNI, tlf e mail de contacto antes deste xoves (21).
Por último, parece que o tempo vai a acompañar:
Esperamos vervos!!
Comentarios
Publicar un comentario