Camiña e Cata Videiras No Mar (Hio, Cangas do Morrazo)

-. Videiras No Mar? Que será iso??

-. Representación gráfica:


-. Pero Viño Activo vainos levar a ver esa videira e nada máis?

-. Claro que non! Vai levarvos a ver a bodega de Luis Videira, que se chama Videiras No Mar e está pegadiña a praia de Area Brava:

-. Ahí hai unha bodega?? Estás de coña, Miguel.

-. Non, non estou:

E ten dous viñazos brancos, o tinto inda non o probei. 

Quereres do Hio seica ten 92 puntos na guía Parker e o Berobreo, que ten barrica, ten Ouro + na guía de Paadín. 

-. Carallo! E que son? Albariño?

-. Albariño, Treixadura, Loureira e Caiño. Como che queda o corpo?

-. Con ganas de ir. E qué ruta faremos?

-. Pegadiños pola costa, todo canto poidamos ate chegar a Couso:







-. E cando cheguemos a Couso que faremos?
-. Voltar polo mesmo camiño e seguir ate Pinténs:







A esas alturas xa lle calculo que teredes sede... e fame!
Haberá que ir onde o Luis a probarlle os viños e tomar unhas tapas "tapaburacos".
 
Horario: Comenzaremos a camiñar a eso das 10.00h
A visita cuadrará sobre as 13.00/14.00 h
Despois unha siestiña na praia e conducir de volta a casa cando o alcolimetro xa esté en 0.0 ( ou oferta equivalente).
 
DataDomingo 27 de Outubro
 
Custo: 30€ 
Recordade que as actividades só están dispoñibles para os asociados de Viño Activo.  
Se todavía non sodes socios mandaide os vosos datos (nome, número DNI, telefono e/ou mail de contacto) ao noso mail:  vinoactivogalicia@gmail.com . Recibiredes de volta o número de conta da asociación para que poidades pagar a cota anual: 6€.
Se queres ver as outras actividades que temos planeadas para o 2024, botalle un ollo a:  https://vinoactivo.blogspot.com/2024/02/actividades-camina-e-cata-para-o-2024.html

Viño Activo: Especialistas en Matar Domingos! 😎

Comentarios

Entradas populares de este blog

Camiña e Cata Viña Moraima - Domingo 24 de Marzo

Camiña e Cata Boas Vides - Outubro, pendente de data