Así foi o CeC Granxa D´Outeiro

 Benvidos ao Camiña e Cata Granxa D´Outeiro!

Nos esperan Zaida e Raquel. Aparcamos e comenzamos a camiñar. Raquel nos acompaña 💪



Primeira parada no Pociño de Francelos.
Para logo adentrarnos nun inmenso viñedo abandoado. Onde nos espera unha curiosa formación.
A que está intentando encadrar o fotógrafo 😉


O resultado!

E abaixo con monequiños para ter unha millor idea do tamaño do Para do Pé (ou Pedra da Visera) 


E logo despois de perdernos, o noso inefable guía retomou o camiño correcto:


Dando tempo para que o fotógrafo faga o seu traballo, claro está:


Que por certo, ben que corría a auga. Como se notou que ese mesmo día os de Francelos fixeron quedada para limpar a Levada


Nós atopámonos co mais ameazante da foto; O do machado 😅 
Que en vez de medo, nos deu conversa. E abofé que foi un pracer falar un ratiño con el! 😃

Grazas por manter esa sana costume comunal de limpar a levada e os camiños!!


Dios mío; O que hai que facer para tomar un viño!


Inda que sean dous! (Francelus e Granxa de Outeiro, para ser mais exactos 😄) 

Menos mal que chegamos ao sitio da parada:


Ahí o noso amado líder explicando o viño rupestre 😄


Mentres outros pensaban en canto viño saia de ahí 😇

Agora toca meterse na adega:


Para ver como é o mundo dende ahí... 
Parece divertido 😃


Dende fora parecemos caganers 😂

E despois a perderse polas covas


Para atoparse este recuncho marabilloso
Ou este carballo que naceu dunha pedra:


Rápidamente conquistado polos Rosmóns 💪


Que cando tocou voltar para comer, non rosmaron nada 😋


Plan de recuperación completado... e ben se ve:


E sen necesidade de viño!

Baixamos a Barcia e remontamos o Río Outeiro, cunha paradiña incluida. E algún baño!

E volvimos pasar un pouco de calor para subir ate Quins. Que non foi tanto calvario 😅

No bar tamén houbo paradiña, para que conste en acta. E nos comentou a dona: Menos mal que vides hoxe, para o mes xa pechamos o bar que me jubilo 😞

Tamén nos chama a atención a camiseta, nada reivindicativa, que estila un veciño: Quins; Poucos e ruins! 

Ao sair, nos atopamos con outra concentración de canastros. 


Entre que non ten cruces, e ten un tobogán, non creo que chegue a calvario 😀 

Baixando para Francelos tivemos que parar bruscamente! 


A nos colleunos case sen tráfico, pero ésto en hora punta debe ser digno de ver!
Polo que sexa, o Domingo non pasan tantos tractores 😃


Tráfico é o que non teñen estas ruinas. E que pena. Que lugar tan bonito e cheo de historia. Con sorte, algún día lle pode pasar o mesmo que Á Granxa D´Outeiro:  


E recupere todo o seu esplendor. Coma se ve nestas fotos. 

E falando de fotos...Outro "Making of"



E o resultado 😎

Nada mais chegar, nos refrescamos nesta preciosa fonte. 


Dalgún só quedaron as gafas 😎


Un merecido descanso e a Zaida e a Raquel nos puxeron a gozar:


Primeiro coas vistas 😁


Despois coa historia do lugar.


Coa espectacular, e respetuosa, reforma 😍


Coas obras de arte que acompañan en todo momento.


Eiquí un artista vendo outro 😎


E xa lle vai tocando ao gozo mais terreal 😅


Que nos ven da man de Melissa


Despois momento para aproveitar e comprar viño e mel. 

Agora está caendo forte: 


 Ao día seguinte nos enteramos que nunha parroquia de Castrelo de Miño, a escasos kilometros de onde estamos, a saraiba destrozou os viñedos. E non podemos menos que pensar o difícil que é facer viño!


Nos esperamos a que amainara un pouco e baixamos a coñecela adega.


Que prácticamente é un museo!


Para todo o espazo que teñen a capacidade dos depósitos é pequena. Pero eles non teñen previsto grandes producións. Se non pequenas e ben coidadas.


Obrigada foto de grupo.


Escollede vos a mellor! 

Un pracer colaborar coa Granxa que nolo fixo todo moi doado. En especial Zaida que está ao tanto de todo! 
Foi unha gozada "maridar" o patrimonio natural e histórico do territorio que rodea esta impresionante construcción medieval coa visita da propia granxa e, como non, probar os seus viños. Para o grupo creo que tamén! Polas caras diría que sí 😊











Comentarios

Entradas populares de este blog

SAFARI DE HISTORIAS E VIÑOS; CASTRELO, CAMBADOS

Camiña e Cata a Granxa D´Outeiro

Camiña e Cata Adega Pateira. Domingo 22 de Xuño