Camiña e Cata a Granxa D´Outeiro
Cando o río Outeiro está a piques de morrer no Miño forma O Pociño de Francelos:
Xusto enriba de nós está a bodega da Granxa D´Outeiro , que obviamente recibe o nome do rio que ten aos pes:
Socalcos esmorecendo, agora cubertos de vexetación e árbores posiblemente centenarias. O que en tempos era unha gran viña agora e unha paisaxe de arbores e grandes penedos:
Paisaxes, e camiños últimamente atacados pola invasión da insistente acacia:
Papando completamente o camiño que tamén levaba centos de anos dando servizo 😔
Seguindo a subida nos atopamos con espectaculares vistas do Miño e da propia Granxa D`Outeiro e os seus viñedos.
E seguiremos monte arriba.
E na cima atoparemos o Chan da Moura.
Un lugar entre máxico, telúrico e histórico:
Entre penedos, unha morea de covas, un lagar rupestre, bodega, santuario...
O sitio perfecto para facer unha paradiña e comer algo. A subida ben o merece. O sitio tamén.
Con sorte atoparemos algunha botella ovidada na bodega😄
E despois baixaremos ate toparnos con Barcia. Unha aldea que nos recibe cunha fermosa vista de antigas "bodeguitas" tan típicas do Ribeiro:
E nos sorprende cunha chea de canastros. Eu que pensaba que iso so pasaba en Quins 😃
Pero abofé que non!
Agora toca coller unha congostra pegadiña a un regato que coñecimos fai pouco: O Outeiro!
E seguiremos ate Quins
A zona dos canastros e os cruceiros é parada obligatoria.
O sitio ben merece a pena!
Inda que coñecéndovos igual preferides parar no bar do pueblo a mandarlle unha cervexiña...Xa vos adianto que non teñen comida!! Nada! Nen bocadillos. Obrigatorio traelos da casa!!
Inda pasaremos outra zona de canastros e seguiremos baixando, cando de repente nos aparecerá esta fermosísima ruina. A min faime voar a imaxinación!
Ese antigo tunel nos levará a aldea vella de Codesás. Outra marabilla da ruta...E non van poucas!
Seguindo o Camiño Real chegaremos ao destino. Antes disfrutaremos das vistas do Miño e de Francelos.
Os viñedos da Granxa nos anuncian a cata que nos espera 😋
Un muro que parece separar o divino do humano...e non temos que saltalo, que nos esperan 😏
So temos que cruzar esa porta para empezar a disfrutar dunha estupenda visita que incluirá a capela da Granxa, o Comedor e sala de actividades, tamén veremos algunha habitación , por suposto a bodega e se o tempo acompaña pode que algunha sorpresa mais 😎
Unha granxa medieval que pertencía ao Mosteiro de Melón e que foi recuperada con exquisito gusto. Cun pequeno Hotel, pequeno en número de cuartos, pero grande en historia, estilo, recuperación, viñedos, colmeas, e como non, unha adega da que imos probar dous Ribeiros brancos. Un novo e outro con guarda. Viran acompañados dun rico pincho, que inda descoñecemos pero que estamos seguros será delicioso 😋.
En todo caso, compre levar a comida para algunha das paradas que imos facer.
Temos auga en Quins e de ahí endiante, pero compre tamén levala. A subidiña vai tirar da gorxa 😎
A ruta é de 15 kilómetros (según o meu famoso reloxio 😀) con case 500 metros de desnivel acumulado. Polo tanto, dificultade Media.
Hai, además, algún paso un pouco complicado por árbores caídas.
Bo zapato ( bota de montaña ou similar) é obrigatorio. Os paus tamén poden ser utis.
A visita da Granxa está prevista para as 16.00 horas. Contando con dúas paradiñas de media hora no camiño; Chan da Moura e Quins.
Lugar de reunión:
https://maps.app.goo.gl/L8kfztTfMFdvi5CB6
Eiquí poderemos aparcar varios coches. Posiblemente todos, se non, hai mais sitios adiante.
Hora de encontro para camiñar: 10 h
Saida de Vigo: 09.00h.
Para compartir coche quedaremos na Avda de Madrid como é habitual.
Data da saida: Domingo 26 de Abril
Custo da saida: 35€ para Socios (transferencia á conta da Asociación).
Non socios deben pagar primeiro a cuota anual de 6€ e inscribirse na asociación; contactar en vinoactivogalicia@gmail.com
Como resumo vos direi que me encantou preparar esta ruta; É un rutón! Algo duro, pero merece totalmente a pena e a guinda final é todo un luxo. Unha visita mais que recomendable!
Non o pensedes muito e reservade praza!

























Comentarios
Publicar un comentario