Camiña e Cata Boas Vides - Domingo 26 de Outubro

Soçis: Por fin poderemos ir a visitar ao Antonio!

O percorrido:



Cun perfil chairo de todo, pola beira do Miño e sen apenas costas. Tan só 17 kilómetros que camiñar por preciosas paisaxes 😁

O viño:


O punto de inicio:


A chegada:


O Antonio:
Para quen non o coñeza todavía, Antonio Amil é o responsable da Oficina de Turismo de Ribadavia de profesión e Colleiteiro de auténtica vocación:


Gran coñecedor da historia do Ribeiro. Demostra o seu amor pola terra con actos. Coma por exemplo a recuperacion de viñedos históricos: 


San Lourenzo da Pena arriba e Pazos Hermos abaixo:


Recuperando tamén castes autóctonas e de paso un lagar rupestre.



Normal que se estea convertendo en referencia no sector. Persoalmente no me sorprende que apareza mencionado por destacados periodistas ( El País, La Vanguardia...) que os seus viños estean presentes nos restaurantes máis selectos e que cada vez estea en máis países. A min alégrame moito que a xente coma Antonio lle vaia ben. E paresme a min que isto está empezando!

A ruta:
Aparcaremos nas inmediacións do Balneario Histórico de Cortegada: https://maps.app.goo.gl/oLHk6rUw8Qe8id3MA.


Dende ahí seguiremos unha senda estreita, de pescadores, que vai pola beira do Miño.


Bordeando unha pequena península ate chegar a aldea abandonada de A Barca. Despois o camiño se ensancha. Pero sempre ben acompañados de natureza, canto de páxaros, paisaxe...


Faremos un pequeno desvío para subir a Meréns (das poucas costas que temos!) : 


E despóis voltaremos ao río. Contarvos que preparando a ruta nos atopamos un corzo xusto despóis desta curva. Estivo un bo rato sen moverse. Posando para nós! 


A ver se temos a mesma sorte!
Chegando ao rio Arnoia as vides gañan presencia:


Cruzaremos a ponte peonil no cuidado paseo e xardíns nas inmediacións do Balneario de Arnoia:


Un bo sitio para unha pausa e incluso un bocadillo, inda que hoxe temos bo pincho esperando na de Antonio:


E seguiremos o precioso camiño, sempre na compaña do río Pai:


E de mais viñedos:


Despois dun bo anaco colleremos un cachiño de estrada para cruzar o Miño e xa case estamos.
Só nos falta cruzar o outro gran protagonista do Ribeiro; o Avia 😃 
E así cruzar os tres ríos que dan forma a esta histórica Denominación de Orixe: Arnoia, Miño e Avia.


Esperamos chegar a iso das 14.30h a Ribadavia e iremos directamente á bodega de Antonio.
Na visita probaremos varios viños e teremos tamén pincho contundente.

Pola tardiña os condutores iremos a polos coches, e o resto quedará libre para descansar un pouco, pasear pola vila, tomar un café, seguir co viño... 😇
As populares Termas de Prexigueiro serían un bo final, pero últimamente as largas colas non o poñen doado. O Balneario novo de Cortegada tamén é unha opción.  

Organización:
Quedaremos no propio domingo no Concheiro para repartir coches ás 09.15h
Custo da saída; 35 € ( só para socios).
Máximo de 20 prazas. Na bodega non temos sitio para mais xente. As inscricións serán por estricto orde de chegada das transferencias a conta da asociación.

Se por un estrano casual non sodes socios, pois tedes que facervos: email a vinoactivogalicia@gmail.com con título alta de socio, e no corpo da mensaxe o nome completo, número de dni, tlf e mail de contacto. Despois xa vos contactamos para que paguedes a cuota anual de 6€ (ano natural) e o custo da saída (35€).




Comentarios

Entradas populares de este blog

SAFARI DE HISTORIAS E VIÑOS; CASTRELO, CAMBADOS

Semana Santa en Valdeorras: Bodegas Sampayolo, A Coroa e As Covas de Seadur.

Camiña e Cata Adega Pateira. Domingo 22 de Xuño