Magosto Miñoto en Corisca!
Pois ocorreúsenos que un Magosto eiquí tiña que ser divertido, así que propuxémoslle a Natalia facer unha andaina, unha cata e para rematar; o Magosto.
Ela respondeu: Ímolo pasar de medo! (resposta creada por IA 😊)
Con 2 hectáreas na bodega e outras 2 nunha casa familiar pertiño.

Ademáis do viño de Corisca tamén presentamos viños de outras adegas da zona: La Val, María Bargiela, Angel Sequeiros e The Bargiela Bienati Winery:
Tres concertazos e algo de comida para aguantar o día. A resposta de público foi bastante boa:
Logo chegamos ao Muiño dos Bernárdez con nada mais e nada menos que 5 pedras de moer. Unha auténtica "factory" nos tempos!
Inda se sentían os queixidos da última pateada, esa que ía ser de 17 km e según algún telefóno, posiblemente mal calibrado, acabou sendo de 23 km 😀
Deixamos o sitio inda mais limpo do que estaba e seguimos 😃
Natalia e unha boa amiga que nos soporta bastante a miudo. De feito, xa celebramos na adega un Rock no Alboio. O primeiro!

Ademáis do viño de Corisca tamén presentamos viños de outras adegas da zona: La Val, María Bargiela, Angel Sequeiros e The Bargiela Bienati Winery:
Onde houbo Rockandroll, eiquí da man dos nosos queridos The Bo Derek´s...
Pasaremos a lume, castañas, panderetas e cantos!
Pouco se ven as nosas socias Pandereteiras 💪
Comezamos!
Primeiro hai que montar a ruta:
Debuxei o mapa de Alemaña a ver se o noso Presi picaba e viña a camiñar con nós, pero... nin con esas! Debe seguir escribindo libros 😃
16 km e case todo camiño. O sendeiro do Caselas, do río Landres tamén, subida ao Espicho do Facho e volta para a adega. Se temos forzas nos acercamos ate o Pazo Corisca para ver o outro viñedo.
Non comenzamos moi cedo, pero a néboa inda non levantara
Debía estar esperando a que sacáramos fotos molonas.
E cando a fame mandou parar e o sitio o merecía...
Recuperamos forzas e quentamos un pouco ao sol
Deixamos o sitio inda mais limpo do que estaba e seguimos 😃
Será isto unha mensaxe divina para o próximo Camiña e Cata? Vamos ate a Pobra do Caramiñal a coñecer os viños de adegaentreosrios.com ??
Merecido descanso tras a subida ao Espicho do Facho ( De onde virá ese nome tan sonoro e evocativo?)
Buscamos a adega pero non dimos con ela! Está agochada para que non a mire o mildiu 😀
Pois coma nos conta Natalia, este ano foi bo, pero os dous anteriores perdeu unha parte moi importante da produción. E moi difícil facer ecolóxico en Galicia e o mercado local parece que tampouco llo agradece... A exportación coma salvación! Teño escoitado muitas veces iso de que a parte máis difícil de facer viño e vendelo. Así que Natalia, con isto do ecolóxico, súmalle picante á ecuación 😅
Menos mal que de vez en cando lle chega algunha alegría, como a visita fai pouco do gurú británico da crítica de viños, Tim Atkin:
Xa volo traduzo eu:
"A Natalia está un pouquiño tola ( KomoKabra 😏) ou é unha heroína? Para min, claramente, a segunda!"
Ven dicindo o Tim.
Venme a cabeza a Natalia contando como se enamorou dunhas pedras e as converteu en adega. E non chegándolle con iso, propúsose facer viño ecolóxico; "coma se facía antes". Nada mais e nada menos! A avogada de profesión botouse ao monte. E a historia de amor, ou vai ti saber se tolemia, continúa! 💪
Que non é pouco! E lle desexamos a Natalia que siga por moitos anos mais!!
Con todo iso, este ano non lle quedou outra que facer o seu primeiro viño convencional: Miñoto.
Un viño de parcela que particularmente encontro, como dim os vecinhos; Óptimo!
E polas reaccións dos colegas non son o único que o pensa. Porque a verdade gustou!
Tamén o Corisca! Está noutro nivel. Nos xa ben o sabíamos, e quen non o catara, o confirma.
E de sempre, onde mais me gusta, e de largo, é na propia adega.
Ao final, todo ese amor que botou nas pedras a algún sitio foi 😍😍
E así, entre albariños, queixos, patés, conversa e empanada de mazá fumos pasando o rato 😍😍😍
E para facer o magosto fumos buscar o viño novo...
E acabamos facendo un batonnage:
Dos modernos, claro. Nada de bastóns raros 😅
E veña que hai que facer lume e brasas...Hai, que xa o fixera a Vice 😍😍


























Comentarios
Publicar un comentario