Así foi o Camiña e Cata - Boas Vides
A finais de outubro conseguimos, por fin, visitar Boas Vides. Os tempos son chegados, que dicía o outro, e xulgando polo tempo, sí que foron 😃
Inda que a mañá empezaba con frio e foi lentamente levantando.
Os sorrisos tamén ían aparecendo.
E se tes un móvil de última xeración o sol xa cho pon él! 😆
Dios mío xa hai clases sociais ate para os recordos! 😈
Menos mal que o camiño e igual para todos...
E seguimos camiño ate Meréns:
Outra reagrupación, auga da fonte que nos recomendou a señoriña, e algún piscolabis.
Nada...a perderse unha vez e xa estamos no camiño en breve 😇
Xusto agora que queremos chegar canto antes e probar ese viño e os pinchos...pero sobretodo, descansar!
Hay que falar co Wim Menders a ver se fai unha peli 😎
E o Antonio estanos esperando cunha preciosa mesa preparada e... cadeiras para todos!!
Que caladiños estivemos un rato 😄
Logo xa fumos collendo folgos ...
O plan saiu mal e eses dous acabaron perdidos e a embarazada esgotada. Pero como puideron chegaron ao destino 😅
Meses mais tardes un deles, o que esto suscribe, atópase co mesmo Antonio na London Wine Fair;
.- Hostia! ti es o de Turismo de Ribadavia!
.- Hostia! Ti estiveras na oficiña. Que fas aqui?
.- E ti?
Total, que o rapaciño da barriga vai ser maior de edade en menos dun mes, o que significa que Antonio e mais eu nos coñecemos dende hai 18 anos! Manda carallo na Habana!!
E nese tempo xa pasaron unhas cuantas cousas, e ahí seguimos. Regando unha amistade que espero poidamos regar uns cuantos anos mais!
Agora sabedes que non esaxero cando vos digo que é un gran coñecedor do Ribeiro e da súa historia, ademáis de bo comunicador. É sempre un pracer estar con él, ademais de aprender todo o tempo na súa compaña. Basta un ratiño para decatarse do amor que ten pola sua terra, pola nosa lingua, polo viño, polas tradicións dos antigos, pola xente...
Tivemos a sorte de facer unha cata vertical inversa 😃 Dende o Boas Vides que acaba de fermentar, ate o embotellado: 2022.
Todos eses anos teñen que pasar para que el decida engarrafalo! Como diría o noso amigo Manuel de Viña Costeira: "E que logo digan que o viño e caro!"
E sorprenderon e gustaron todos. O novo muito! Porque non parecía un viño recén feito. Xa tiña corpo e e ate me atrevería a decir que doce!
"O Terceiro" foi o que menos gustou😅
O 2022 redondiño e todo pracer!
Pero veremos o terceiro como se comporta o ano que ven cando o engarrafe! Haberá que buscar unha excusa para vir probalo 😍
Non sei vos, pero a min pareceume un luxazo de ruta. Tivemos un tempo escandalosamente bo, as paisaxes preciosas, sobretodo o primeiro tramo, e a cata unha marabilla. A andaina fíxose un pouco longa, pero creo que o esforzo mereceu a pena. Sobretodo co colofón de Boas Vides. Inda que estábamos tan cansados que parecíamos bos 😃
Así que moitas grazas a todos os que viron por facelo posible, por suposto que a Antonio por toda a preparación, a atención, os viños e os xenerosos pinchos! E tamén á Vice que estivo na cola axudando moito nunha xornada algo complicada!
Queredes viño? Pois eiquí ides ter que suar para conseguilo! 💪




















Comentarios
Publicar un comentario