Camiña e Cata Adega Pateira. Domingo 22 de Xuño
Representación gráfica da ruta que nos espera o Domingo 22 de Xuño 😍😍
3 pozas; Bugalleira, Lourenzá e Pozo do Arco, por ese orde. Para seguir coa cata dos viños de Adega Pateira (https://www.adegapateira.com/) nun sitio moi especial; O Chiringo dos Muiños do Folón e con abundante pincho para recuperar forzas. Todo un luxo!
Pois sí! Buscaremos esa cor tan bonita que ten o Tamuxe. Non intento porlle nome que non teño tonalidades de serie, xa se sabe cos homos erectus... Os da versión masculina, claro!
Esa mesma!
Podía dicir que empezaremos a andaina na igrexa de San Pedro de Burgueira, pero ten máis pinta de que empezaremos no Bar Rocha (https://maps.app.goo.gl/Kbq59TZ1yExtdEYw8 ). Alí hai un pequeno parking e quen queira pode tomarlle un café antes de sair. Hora aproximada de saida: 11.00 h.
A primeira poza será a de Bugalleira:
Algúns días loce así:

Haberá un cambiador para facilitar o tránsito de roupa de pateo a bañador e viceversa.
E seguindo río arriba chegaremos as Pozas do Arco:
12.6 Km. 363 metros de desnivel positivo. O lugar de inicio é o punto vermello.
E despois de camiñar e chapuzar, toca ir ao chiringo dos Muiños do Folón, onde nos esperarán Pablo e Sandra de Adega Pateira para presentarnos 4 dos seus viños; Pateira, Pateira Rosé, Buraca e Pampaloa.Na súa adega non teñen moito sitio para acollernos, e nos propuseron facer a cata neste maravilloso recuncho. Benvido sexa!
Horarios:
10.00h no Concheiro da Avda. de Madrid para repartir coches.
11.00 h no Bar Rocha (https://maps.app.goo.gl/BFimneMfr6uyNpas6)
12.00 h Poza de Bugalleira
13.00h Pozas de Lourenzá
14.30h Pozo do Arco
17.30h Bar Rocha
18.00h Chiringo dos Muiños de Folón
Ao final da cata, quen teña forzas pode, case diría debe, acercarse a botar un ollo aos Muiños que ben merecen a pena.
Máximo de participantes habitual: 30 soçis.
Custo da saida: 30€
Pagos por transferencia á conta da asociación.
Inda non eres soçi? Manda os teus datos (nome completo, número DNI, tlf e mail de contacto) ao noso correo vinoactivogalicia@gmail.com e recibirás as instrucións para pagar a cuota anual (6€) e o custo da andaina.
Comentarios
Publicar un comentario