Convocatoria Camiña e Cata Veigamoura - Domingo 14 de Xuño
Soçis!!
O domingo 14 nos espera o Toni para ensinarnos o seu magnífico viñedo:
Alí mesmo probaremos dous dos seus viños:
O Veigamoura e o Triopo. O segundo é unha nova creación que Toni está desenrolando cun dos Pablos. O Juncal.
Que teña un petrogrifo no medio non debe ser casualidade!
Dende este outeiro este afable Viticultor Celta non vixia a chegada dos enemigos...ou sí??
Ala enriba o viñedo é claramente ventilado e tamén exposto ao sol. Coma el dí: "O segredo do meu viño está na parcela".
Camiñaremos ate alí. Subindo, en marcado estilo Viño Activo, os 300 metros de desnivel que lle separan do Rio Deva. Iso para nós non é nada 💪 😃
Un río Deva, que por certo, en tramos é precioso. E como non, está cheiño de muiños.
Acabaremos sendo expertos 😀
A éste con teito ondulado vamos ter que abrirlle unha categoría 😁
Pero vamos á organización!
Punto de saida:
O muiño da Señorina, a ponte de San Xoán de Mourentán (falsamente chamada Romana) e a Praia fluvial de San Xoán. Alí nos vemos. Tres en uno coma o famoso lubricante...😂
Ninguén da máis por menos. O de Viño Activo é tremendo!!
E coidado que Google Maps non te envía directo. E millor, pasar polo Pazo da Almuiña e baixar pola empinada costa a dereita. Abaixo temos algún posto para aparcar.
A ruta:
Circular de 11 Km con 300 metros de desnivel acumulado ( basicamente subir ao viñedo case a metade da ruta)
- Dificultade técnica: Baixa
Hora de comezo da andaina: 11.00 h
- Se fai falla compartir coches as 10.00h dende o Concheiro da Avda de Madrid.
Hora de chegada ao viñedo 12.30/13.00h. Ahí nos toparemos con Toni, nos ensinará o viñedo, cataremos os dous viños e disfrutaremos dun afamado queixo e algúnha tapa mais.
Un bo tentempié 😉 para despois seguir papando cando acabemos.
Chegada ao fin da ruta calculada para as 15.30/16.00h. Onde o muiño temos mesas para comer e a praia fluvial. Podedes deixar cousas no coche.
Custo da saida: 30€
Espérovos a todos para facer o que nos gusta: beber viño... e o xabarín tamén😀






.png)

Comentarios
Publicar un comentario