Dentro do coche non chovía. E cando chegamos a Valdeorras parou de facelo. Aparcamos coches en A Rúa e marchamos andando ate Bodegas Sampayolo (https://sampayolo.com/). Javier nos esperaba con todo preparado.
De camiño pasamos por outra adega: Bioca. Dan ganas de parar 😃
Os dous marxes da estrada case sempre poblados de viñedo!
Primeiro chegamos ate a propia adega. Algúns, temerosos de Diós, foron no coche para aforrar a molladura. Os que camiñamos chegamos secos de todo. Eles esperaban bebendo un Godello... claramente mais mollados ca nos 🙈
"Isto antes era todo campo" Parece dicir este socio😀
Seguimos cara a Chaira do Ramiriño
E logo chegamos ao destino. Un estrano páxaro pistoleiro parece defender a praza. Despois saberemos que en realidade é un camareiro. E as pistolas non son tales, se non botellas e vasos 😄
Javier parece levar todo na bodega. A canción sería: "Hay un hombre que lo hace todo en Sampayolo".
O que non hai duda, e que ten man para presentar os seus viños. Defendeunos de marabilla! Un luxazo de viños e de presentación 👏
E para non desmerecer un excelente acompañamento!
Que como resultado deixou ao grupo en excelentes condicións 😊
E como non podía ser doutro modo; Excelente foto de grupo dende as centenarias viñas de garnacha!
Eiquí os "Cadáveres exquisitos" que deixamos 😄😍
Mención especial á Garnacha Vella da Chaira do Ramiriño; Un viñazo!! A historia detrás do viño tampouco desmerece: https://sampayolo.com/amigos-y-mecenas/
Sorprendeu tamén a personalidade do Mencía e a capacidade expresiva do Godello sobre lías. O Godello en lágrimas de los bancales de Olivedo é outro nivel!
Como é posible que pasaran cousas tan grandes nun sitio tan pequeno? 😍
A quen queres mais? A papá ou a mamá? Parece decir a porta da adega.
E seguimos o camiño...
Para botar un ollo o que deixamos atrás!
Gotta go.
Petin awaits
Xa se ve Petín. Nin rastro da Rúa de Petín 😉 E non se lle espera: http://jesus-manuel.com/2016/04/05/5634/
Unha vila ben agradable! Ten paseo fluvial que a rodea e un centro histórico moi interesante. Na praza principal hai varios bares e sempre ten xente dando ambente.
Sábado 19
Parés que chove!
E temos que chegar a zona das Pinguelas.
Zona de covas onde Alan de Val mantén a súa familiar.
A que deu orixe a todo. Ao que Alan de Val é hoxe, non con pouco traballo (https://alandeval.com/)
Neste punto recepcionaban a uva. Como nos conta Sabela.
Filla dun dos socios, e alumna de Vitivinicultura. O futuro está fermentando 😎
Foto obrigada no fondo da cova.
E na porta tamén 😊
Hoxe non para de chover, e inda así As Pinguelas conquistan co seu encanto. Non costa nada imaxinar unha tardiña de verán entre covas e río, baño incluido. Algún peixe facéndose ao lume dunha videira cortada, un godello atemperado no fondo da adega... Se vos fai falla axuda, eiquí tedes un voluntario ou dous 😀
Collemos os coches e subimos á bodega moderna.
Entramos directos aos depósitos. O camiño mais rápido para chegar a...
Zona de catas 😀
Un Mencía que foi Acio de Ouro en 2024 e ven de recoller un Bacchus de Oro en Abril!
Se na cova probamos o Godello, eiquí temos a oportunidade de probar tamén o Godello sobre lías; Pedrazais. Tamén un battonage de castes tintas moi interesante con Caiño, Sousón e Mencía; Castes Nobres.
Todos os viños aproban con nota alta e os pinchos con sobresainte. Matricula de honra para a empanada feita pola avóa 👏
E como se non fora suficiente, pois tamén probamos os licores e algo de dulce 😍
Sempre atendidos de marabilla por Sabela, a súa prima e incluso o pai que viu saudarnos ao principio.
Eso sí, a super terraza non puidemos disfrutala moito:
Despois de Alan de Val, un pequeno descanso antes de subir as Covas de Seadur. Funme sestear con un Barça 1 - Celta 3 e descansei ben.
Despois seguía a choiva e as malas noticias chegaron 😒
Unha cola grande e lenta para entrar nas covas e non deixaba de chover a caldeiros. E cando conseguimos entrar as covas estaban todas a tope...Crise!
Pero o noso aguerrido grupo de pandereteiras fíxose un oco na cova institucional que ocupaba a Xunta e a D.O. Valdeorras. Recén reformada, por certo.
As mais tradicionais ben merecen a visita!
Cando paraba un pouco de chover as rúas enchíanse de xente:
E así, entre viños, pinchos e pezas andivemos 😎
Ate que foi hora de pechar:
Irmanamento Viveiro - Vigo incluido 😁 Eiquí na porta da Xabreira (https://www.covadaxabreira.es/) hoxe aberta como cova, pero o resto do ano un restaurante que merece moito a pena!
O evento acaba a eso das 23.00h. Inda que di a lenda que a festa segue nalgunha cova das de arriba... Nos diso non sabemos nada, e por tanto, non podemos confirmar.
Despois baixar en taxis ou con conductores que non lle deron ao alpiste. Conseguimos chegar todos sans e salvos ao noso destino.
Domingo 20
E para o último día unha pequena andaina no camiño de volta!
Non vos ten pasado iso de pasar por
Montefurado e pensar: "Un día paro e o vou ver o túnel!"
Pois o día foi o Domingo 😀
E para completar a visita programamos un percorrido polo meandro que os romanos anularon co túnel. Con vistas a súa entrada e a saída tamén e pasando pola aldea de Os Anguieiros.
Eso sí, con toda a auga que caiu estos días, non puidemos seguir a ruta planexada porque o meandro non estaba suficientemente seco e non o dimos cruzado.
Pero atopamos unha alternativa que ben valeu! Con vexetación de influencia mediterránea, se pode dicir: Cerdeiras, corticeiras, aciñeiras, castaños...
Esta parte do camiño estaba especialmente chulo 😍
Atopamos un pouco de refuxio en Os Anguieiros para dar conta do bocadillo. Apenas comenzara a chispear.
A través da cerdeira en flor podemos ver Montefurado... e tamén os nosos coches esperando no principio da ruta 😅
Cando cruzamos a aldea de Anguieiros falamos cunha veciña e nos comentou que non había bar nin en Montefurado. Queríamos tomar un cafeciño para porlle o broche ao finde pero non puido ser 😌
Despedida no parking e algúns paramos en Quiroga a por esa dose de cafeina. Onde, por certo, estaba esmorecendo a Feira do Viño de Quiroga 😅
Unha escapada moi disfrutable. Creo que o pasamos todos moi ben, incluindo aos adegueiros que nos aturaron 😊
Tanto Sampayolo coma Alan de Val foron visitas de puntuación moi, moi alta. E a atención de Javier e o equipo de Alan de Val foron espectaculares. Gracias de verdade! 😍
E gracias aos socios que viñeron e fixeron posible esta pequena tolemia 👏
E se por riba vindes con ganas de pasalo ben, cantar, tocar e bailar...pois muito mais non se pode pedir!! 😎
Comentarios
Publicar un comentario