CeC Festa do Vinho Alvarinho e Fumeiro - Domingo 27 de Abril


 Algúns din que Melgaço é un sitio de viño. E sobretodo, de Alvarinho.

Se aproximamos un pouco a lupa, veremos que vides ten bastantes:

Ademáis dunha torre medieval:

E dun centro histórico moi coidado e bonito:


Será por iso que do 25 ao 27 de Abril celebran a 31ª Edición da Festa do Alvarinho e do Fumeiro ( fumeiro son as comidas curadas con fume, tipo chourizo, etc):

www.festadoalvarinho.pt

E seguindo coa nosa teima de "Matar Domingos", vos propoñemos o seguinte plan:

Andaina duns 10 kilómetros polos arredores de Melgaço:

O percorrido non coincide exactamente

Con saida e chegada dende a propia Festa do Alvarinho. Na explanada que hai detrás do Castelo, que nestes días locerá ésta carpa:


Dende ahí baixaremos polo centro histórico para despois cruzar a N202 e seguir por unha pequena carretera secundaria ate o Balneario:


E a súa maravillosa fonte, sempre digna de visitar:


Que loce tanto por dentro como por fora:


Despois iremos cara as pasarelas ao carón do Minho. Pero antes botaremos un ollo a dúas adegas que están perto:


A Quinta Reguengo de Melgaço. Adega e tamén precioso Hotel Rural



Ao seu carón está Dom Salvador:


Pasaremos polas dúas bodegas e despois seguiremos ate as pasarelas do Minho:


As vistas que ofrecen pagan ben a pena!

Bordearemos o "Centro de Estagios" e a piscina municipal ate chegar a un bonito muiño. Despóis subiremos ate a carretera secundaria que nos vai pasar por varios viñedos 



E seguiremos ate atoparnos coa terceira adega, Encostas de Melgaço, a casiña a dereita, a mais pegada ao fume da foto:


E se conseguimos entrar; morrer de envexa polas vistas que teñen:


Un pouco despois nos atoparemos coa Quinta do Louridal - Agricultura e Turismo e os seus chamativos viñedos:



E con iso estaríamos servidos para voltar ao Castelo e probar os viños destas catro adegas, e por suposto, facerlle unha visitiña  ao noso amigo José de Alvaianas, e se cadra, probar dalgunha das outras 25 adegas que hai na feira!!

Planing:

Saida dende a Avenida de Madrid as 10.00h os que queiran compartir coche.

Aparcamento recomendado no Largo Hermenegildo Solheiro:  https://maps.app.goo.gl/ryGCAJURfQKqXTy59

Lugar de encontro: 11.15 (sempre espanholas!) na entrada da carpa da Festa. 
Enlace de maps: https://maps.app.goo.gl/2QzzEDQqwHmKJPL68

Hora de partida para a Andaina: 11.30

Hora estimada de chegada de volta ao recinto: 13.30/14.00h (incluindo unha pequena pausa para bocadillo, frutos secos... o habitual).
Na festa hai postos de viño e de comida. Hai 30 produtores de Alvarinho. Na parte da comida, obviamente, os "fumeiros" son os mais comúns.
 
Custo para socios: 15€
  • Inclúe seguros e guía da asociación.
  • Non inclúe visita a ningunha das catro bodegas que pasamos. 
  • Tampoco inclúe a compra da copa da Festa. 3 € aprox. Compra obrigada pero da dereito a unha pequena proba nos diferentes stands. Tipo "Emoción dos viños" ou a Feira do Alvarinho de Monçao. 
  • Tamén se pode comprar por copa e botella en cada stand. 
  • Máximo de 30 socios. Por orden de chegada de transferencia a conta da asociación.

Veña soçis; Non esperen á previsión meteorolóxica e anótense ;-) 







Comentarios

Entradas populares de este blog

Asi foi o Camiña e Cata Quinta das Alvaianas

Camiña e Cata Boas Vides - Outubro, pendente de data

Semana Santa en Valdeorras: Bodegas Sampayolo, A Coroa e As Covas de Seadur.