Semana Santa en Valdeorras: Bodegas Sampayolo, A Coroa e As Covas de Seadur.

Esta Semana Santa imos a Valdeorras a visitar Bodegas Sampayolo, A Coroa e a disfrutar da festa das Covas de Seadur! 

Datas

Saida Venres Santo - 18 de Abril

Retorno: Domingo 20 

As Covas de Valdeorras:

As covas son unha seña indiscutible de identidade da comarca e motivo máis que suficiente para visitala. 

Se non as coñecedes non deixedes de ver o seguinte documental da propia D.O. 

É un pouco longo, 26 minutos, pero merece moito a pena:

https://youtu.be/quU6OicpecE?si=yiCaK89ny8A7Xfb2

As Covas de Seadur:

Todolos anos no sábado de Semana Santa os propietarios das covas de Seadur (unhas 30 creo recordar!) abren as súas portas para que sexan visitadas. E hai auténticas xoias 😍


A cambio dunha pequena entrada de 15/16€ o visitante probará o viño de todas as covas e tamén comerá os abundantes pinchos que se ofrecen. 

E como non: Haberá charangas animando a festa circulando por todas as covas. Tamén cantos de taberna, coma non... Algúns mais afinados e outros non tanto. A participación é benvida :-)

Hai un máximo de 1500 entradas  e normalmente esgotanse ben antes da data. A Vice presidenta e mais eu fumos o ano pasado. Voltamos encantados e con gañas de compartilo

Cartaz do 2024

Plan para o finde: 

Propoñemos sair o venres pola mañá, as 10.00h para chegar a Petín as 12.30 +/-.

Alí nos estará esperando Javier de Bodegas Sampayolo na súa adega: https://sampayolo.com/ 


Con él faremos unha andaina pola zona e recorreremos os seus viñedos, con especial atención á Chaira do Ramiriño onde recuperou cepas de Garnacha de moita antiguedade grazas a unha exitosa campaña de crowdfunding, como podedes ver no video da súa web; https://sampayolo.com/amigos-y-mecenas/ 

En Sampayolo probaremos 5 viños acompañados de abundante pincho. 


Despois da bodega visitaremos Petín e o seu recuperado centro histórico e paseo fluvial. Para seguir cara A Rúa a coller as habitacións.

Tempo libre para a cea.

Sábado:

O evento das covas comeza as 18.00h e termina cara a medianoite.   Así que pola mañá aproveitaremos para visitar unha das adegas máis importantes de A Rua; A Coroa https://acoroa.com/ 

E baixar a súa espectacular cova para ir facendo boca:


Despois da visita cataremos A Coroa Godello acompañado dun pincho. Ao sair, voltaremos a pensión para descansar un pouco e marcharemos para Seadur andando dende alí ( Hora/ Ho ra e media). 

Domingo:

No camiño de volta pararemos para facer unha pequena andaina de 7.5 km en Montefurado.


Que nos ofrecerá diferentes perspectivas do túnel feito polos Romanos para poder extraer ouro do cauce do Sil. O ouro viña en suspensión das extraccións das Médulas, río arriba. Para recollelo, desviaban o río do meandro que debuxa a ruta, secábano, e recollían o ouro.  Qué listos estes Romanos!

Antes de saír de A Rua colleremos algo para levar ao estómago durante o paseo.

Despóis seguiremos o camiño de volta para Vigo. Obviamente, quen prefira voltar a Vigo dende A Rúa, pode facelo.

Estancia: En Pensión en habitacións dobres e triples en A Rúa. Temos 15 prazas pre reservadas, pero hai moita demanda e precisamos reservalas e pagalas xa!

Polo que os que estéan interesados terán que facer un pago de 50€. Non reembolsables. Se atopedes un socio que vos sustitúa, no problema.

Estricto orde de chegada dos cartos a nosa conta.

Datos Bancarios: IBAN: ES4130586950412720001718 
Titular: Asociación Viño Activo

Custo para Socios: 165€

Inclúe a estancia na pensión en cama individual e habitación dobre ou tripla e sen almorzo, as visitas as dúas adegas e a entrada ao evento. Como é costume, actividade só para socios e inclúe seguro de RC, de Accidentes e a guía da Directiva. Non inclúen desprazamentos, que tentaremos sexan en coches compartidos, nen ceas nen almorzos.

Que pasa se non se fai grupo? Pois que os devolvemos os cartos ou quedades coa reserva da pensión.

Prazo para facer grupo e reservar as habitacións? Tope o Domingo 16


  

 



Comentarios

Entradas populares de este blog

Asi foi o Camiña e Cata Quinta das Alvaianas

Camiña e Cata Boas Vides - Outubro, pendente de data