Así foi o Camiña e Cata Chan de Vide
Sobre todo se tes boa bota ou eres capaz de evitar os numerosos charcos 😅.
Curioso lugar. Hoxe case sen vistas. De feito, según chegamos ofrecía unha espectacular imaxe, inda que na foto nos se aprecia muito.
Pero foise pechando e empezou a diluviar.
Despois seguimos cara o Tea. Hoxe, por primeira vez, dimos coa conexión oficial, e marcada, para conectar co Tea!
Na ponte de Alxén recordamos aquela vez que Mónica é mais eu vimos unha chea de salmóns intentando saltar a pequena presa:
Non parecía que foran capaces de librar o salto. Alguén nos contou que os salmóns son parte dun programa de repoboación da Xunta.
E pouco a pouco fumos chegando a ponte medieval de Fillaboa.
Para logo darnos de bruces co Miño, outra vez.
Inda que había algún que insistía en facer fotos...
Os brancos foron do máis doado, o Rula ao mais elegante, o Arabo. No medio, O Chan de Vide, un branco con personalidade pero sen moitas aristas. Compensado pero interesante ao mesmo tempo.
E a verdade que nos liamos coa hora portuguesa e non saimos ate as 17.00!! Pedimos disculpas ao taberneiro e aos adegueiros!
Algúns marcharon, pero a maiora nos quedamos e tivemos sorte de ter sitio nas termas. O baño prestou muito!
E coma nas termas non deixan sacar fotos, non nos queda outra que tirar de arquivo:
Por fin os de Viño Activo nas termas de Salvaterra 😁
Coma sempre toca dar as gracias a adega por toda a súa colaboración https://www.chandevide.gal/ . Neste caso, tamén a Abraham por atendernos na súa marabillosa viñoteca, cheiña de viñazos que recomendamos muito visitar e catar. O plan termas + viño na de Abraham é sempre gañador!
E por suposto: Gracias aos 8 socios valentes que viñeron e tamén á Vice por estar sempre ahí axudando!
Quedounas atrás o Museo da Ciencia do Viño, pero xa estamos planexando outra para o verán con visita incluida. Stay tuned for more rockandroll!
E a ver que argallamos para Marzo!
Comentarios
Publicar un comentario