Asi foi o Camiña e Cata Quinta das Alvaianas

 

Xa pasaron uns días dende esta andaina. Un bo momento para recordar o ben que o pasamos!!

A ruta quedounos tal que así.
Circular, pero entrando na bodega polos viñedos. 
Algunha costiña houbo, non vamos mentir, pero en xeral acabamos todos bastante dignos💪
O primeiro tramo seguindo o Caminho Minhoto Ribeiro.
Entre pequenas poboacións e vistas ao Miño.
Logo chegamos a Cevide,  alias "Aquí começa Portugal", co seu marco, as súas rúas e as bonitas pasarelas.
A Travesía do estraperlo estaba en obras, non nos quedou outra que ir polas pasarelas 😂
De camiño fixemos un amigo, pero non quiso vir con nós a Espanha 😅
Primeira ponte internacional cruzada.
 Xa podemos divisar o Miño dende terra patria ☺️:
"Eiquí pódese escoitar o canto dun galo de tres provincias diferentes: Pontevedra, Ourense e Melgaço" nos apunta José 🙂

Unha pequena virada e xa estamos no inicio da senda do río Troncoso
E volveremos a Cevide, á casa antiga do Posto Fiscal ( hoxe privada):
E cruzaremos a segunda ponte internacional 😅
A "casa turística" máis ao norte de Portugal. Vale así, José?
Chama a atención o ben que están as casas en Portugal e o feísmo reinante na parte galega 🙈
Eso sí: a senda está na nosa parte ☺️
Ben chula que é!
José non a tiña feito. Está disfrutandoa moito inda que a foto pareza dicir o contrario 😇
Chegando a Barxas atopamos motivos para lanzarnos!
Despois cruzaríamos a terceira ponte internacional e tocaba subir!
Algún gradiño xa tiña a pendente 😅
Curiosamente, da parada no bar non quedaron probas 😂
Do asalto á colina de Hollywood sí que quedaron probas 😀
Tamén as hai do organizador roubando laranxas  😎
Menuda benvida nos tiñan preparado!!
O sitio: espectacular!
Os pinchos tamén!
Normal que os viños prestaran así de ben!
Un rosado e o espumoso para empezar. Moi boa elección, José!
Alí botamos un rato tan a gusto. Cando tocou baixar á bodega a xente non se movía nin ao grito de " O que queira máis viño que me siga!"
Iso que a cousa prometía!
E mira que felices estaban despois ☺️
O José seguiu gañando puntos e levóunos probar das barricas  e explicounos o proceso da adega. 
E do espumoso.
Bonito contraste entre a parede e os pupitres onde se fai o removido do espumoso.
Nada. A seguir disfrutando! Agora do alvarinho ecolóxico, do convencional e mesmo do tinto. E por suposto, da compañía!
Tamén da compañía do xamón 😉
Xa vai tocando marchar. Non sen antes mercar unhas botelliñas😎
Mira que guapos todos 😍
Menos mal que alguén se acordou de facer a foto de grupo! Grazas a quen foi!
E non sei cantas grazas lle temos que dar a José e aos colegas que lle botaron unha man. Decir que foi un pracer e quedarse moi curto. Foi unha marabilla de día!!
A ruta, a adega, os viños, pero temos que por ao José por riba de todo.  Que a gusto estivemos!!!
Vamos ter que buscar unha excusa para repetir ☺️☺️

Ahí vos vai o enlace da ruta con máis fotos e detalles:
https://www.komoot.es/tour/1525734245?ref=aso

E recorda: 
Camiñar por camiñar:
Non está mal
Camiñar para catar:
Está fenomenal!











Comentarios

Entradas populares de este blog

Camiña e Cata Videiras No Mar (Hio, Cangas do Morrazo)

Camiña e Cata Viña Moraima - Domingo 24 de Marzo

Camiña e Cata Boas Vides - Outubro, pendente de data