Camiña e Cata Quinta das Alvaianas - Domingo 21 Abril



Punto de inicio;  Ferreira, Melgaço.


Que nos espera nesta movida silueta?

Nada mais e nada menos que tres pontes internacionais:

 

Cevide, o pobo onde "começa Portugal":


Galegos como somos, e por tanto amantes dos marcos, poderemos admirar o primeiro marco do noso querido pais veciño:


Para despois camiñar pola extrema 😉:


Recordando tempos pasados de estraperlo bendito: 


E remontar un río con dous nomes: Para os espanhois chámase Barxa e para os portugueses Troncoso. Onde ademais de contrabando, tamén había muitos muiños:


Unha noite no muiño, unha noite non é nada... Pois como serían estas muiñadas internacionais?? 


O berce do programa Erasmus, se cadra 😂


Ese precioso camiño que segue o río sube e baixa continuamente e ten algún que outro escalón.


Ate chegar a Ponte Barxas. Ahí cruzaremos para Sao Gregorio e retornaremos entre vilas portuguesas e paisaxes de fermosos vales transfronteirizos.


Seguiremos estradas secundarias e camiños ate chegar á Quinta das Alvaianas:


E ahi degustaremos o seu alvarinho ecolóxico, o convencional e tamén o espumoso. Un pracer para os sentidos!


José Rodrígues, ao fondo da imaxe, propietario da adega, seguro que vos fará sentir a gusto coa sua hospitalidade. Se a súa axenda o permite, vai vir con nos a facer toda a camiñada. E seguro que algunha historia interesante caerá no camiño!


E non vos preocupedes que algo de pinchar seguro que haberá: Queixo e chourizo da zona, seguro.


Chegaremos en coche a este punto que vedes. E aparcaremos arriba, diante da adega.

Despois da camiñata entraremos á quinta polo viñedo:


E directos a fervenza privada con zona chill out:



Se o tempo está bo, o primeiro viño tomarémolo ahi.
O resto, xa dentro da bodega, que apenas se ve dende o exterior porque está excavada na pedra:



Alguén dixo sí?

Organización

Localización de Quinta das Alvaianas: 

https://maps.app.goo.gl/bezNdyrEUxZVWMe67

Pouco mais dunha hora de viaxe dende Vigo.

Aparcamento: 

Dentro da adega. Entrada de terra, un pouco empinada. Algún coche pode quedar fora da entrada principal.

Horarios (sempre españois): 

10.30h en Quinta da Alvaiana para sair a camiñar

11.30 Cevide, Pt. 

13.00h Ponte Barxas, Gz

13.30h Sao Gregorio, Pt - Pausa para bocadillo nas inmediacións da Antiga Alfándega  (Snack bar na praza por se non queredes levar nada de comer con vos). 

16.00h; Visita a Quinta de Alvaianas. Cata de alvarinho ecolóxico e convencional e espumoso. Acompañado de pinchos frios; Chourizo, queixo... 

Saida: 17.00/18.00h

Compartir coche:

Os que queiran compartir: Vemonos diante do Concheiro as 09.15h e organizamos para sair con cantos menos coches posibles.

Os que non teñan coche que avisen! 

Inscricións;

Socios: Transferencia de 35€ á nosa conta con asunto nome completo ou número de socio.

Se sodes máis de un socio enviar copia da transferencia con nome dos inscritos.

Se o voso banco vos cobra por facer transferecia podedes facer un bizum. Póñedevos en contacto conmigo por mail o polo teléfono se o tedes (Miguel Anxo). 

Venres 19 ao mediodía péchanse as inscricións.

Non socios: Recordámosvos que as nosas actividades son exclusivas para socios. Interesados enviar mail a vinoactivogalicia@gmail.com con Nome completo, número de DNI, tlf e mail de contacto antes do xoves 18 de Abril.











Comentarios

Publicacións populares deste blog

Camiña e Cata a Granxa D´Outeiro

Así foi o Camiña e Cata - Boas Vides

Convocatoria Camiña e Cata Veigamoura - Domingo 14 de Xuño