ACTIVIDADES CAMIÑA E CATA PARA O 2024

 

CAMIÑA E CATA 2024:

Dende Viño Activo levaremos a cabo un mínimo de 6 rutas de senderismo  durante o 2024. O que nos damos en chamar Camiña e Cata; Andainas con final feliz. 

O acabar estas 6 actividades (Xullo) pulsaremos a opinión dos asociados para afrontar a organización dalgunha mais dentro do 2024. Inclusive a opción de rutas de fin de semana para territorios mais afastados coma Monterrei, Valdeorras e a propia Ribeira Sacra.  

Tipoloxía das rutas:

Grupos de 10 persoas mínimo e un máximo de 30.

Inicio e fin nunha adega. Cata e visita ao final da ruta. Duración aproximada: 10 / 15 Km. Nalgunha ocasión pódense superar os 15 km.

Seguros (RC e Accidentes), guías da asociación e visita con cata incluídos no custo da saída. Na maioría dos caso incluindo pincho ou tapa. Ver cada o detalle de cada saida.

Os desprazamentos ate o lugar de inicio da andaina non están incluídos. Promovemos o uso compartido do coche entre os asociados.

Actividades só para socios. Cota anual aos membros da asociación: 6€.

Interesados enviar un mail a vinoactivogalicia@gmail.com e recibirides todas as instrucións. 


    1. VIDEIRAS NO MAR (https://www.videirasnomar.com/ ) – IXP RIBEIRAS DO MORRAZO - FEBREIRO

Na presentación das IXP de Galicia tivemos a oportunidade de probar o Quereres de Hio e tamén de coñecer ao propietario da adega; Luis Videira. Os dous nos deixaron bo sabor de boca e ganas de coñecer mais. Agora nos enteramos que a adega está baixando a praia de Area Brava, na parroquia de Hio. Sen dúbida, é o momento de saber máis deses viños de area que aguantaron o ataque da filoxera e que agora reciben a presión turística en busca de chan edificable, entre outros.



            Percorremos a costa da Ría de Aldán nunha ruta chea de praias, bosque e             mar.


        Ao final gozaremos dos brancos e do tinto que produce, acompañados,         cada un, por unha tapa diferente

Ruta circular dende Videiras No Mar (Pinténs, O Hio). 12 km. Dificultade baixa con tramos en pedra na beira do mar en acantilados.

Cando: Domingo 25 de Febreiro. Domingo 10 de Marzo. Pendente!

Custo: 30€ ( inclúe seguro, guías, visita a bodega con viño e tapas). Actividade só para asociados.


      1. MORAIMA (https://www.adegamoraima.com/) - SALNÉS - MARZO:

Un pequeno grupo de viticultores unidos nunha cooperativa para dar folgos a un proxecto común de viños típicos do Salnés; Albariño e Caiño Tinto. Aos que están sumando a recuperación dunha caste case extinta: O Ratiño.


Situados en Barro, o seu nome é unha homenaxe a muller dun dos grandes da literatura galega: Celso Emilio Ferreiro. Camiñaremos polas fermosas fervenzas de Barosa e os vales contiguos. 


Remataremos coa cata de 3 viños na propia adega: Albariño, Caiño e Ratiño (todavía non comercializado). Cada viño virá acompañado dun abundante pincho!


Distancia: 12 km. Dificultade: Baixa

Cando: Domingo 24 de Marzo.

Custo: 30€ ( inclúe seguro, guías, visita a bodega con viño e tapas). Actividade só para asociados.



      1. ALVAIANAS (https://alvaianas.pt/) – VINHO VERDE, SUBREGIAO DE MELGAÇO E MONÇAO - ABRIL

Facendo o Caminho Minhoto Ribeiro (CMR) dende Monçao ate Cevide descubrimos esta perla que queremos compartir con vos.


Alvarinho ecolóxico, Espumoso da mesma caste e outros viños serán a recompensa de completar o percorso. 


Primeiro seguiremos o Camiño Miñoto Ribeiro ate Cevide, o último pobo portugués, ou como eles mesmo gostam de dizer; Aquí começa Portugal. 

Despóis faremos de contrabandistas e subiremos polo río Barxa ( ou Troncoso) ate Pontebarxas. 

Alí cambiaremos de fardos e subiremos ate o Santuario da Nossa Senhora de Fátima para disfrutar das vistas e de paso tomar folgos. Despóis continuaremos ate Alvaianas.

Ruta Circular dende Alvaianas. 13 Km. Dificultade; Media.

Cando: Domingo 21 de Abril .

Custo: 35€ ( inclúe seguro, guías, visita a bodega con 3 viños e pincho). Actividade só para asociados.



      1. BOAS VIDES (http://boasvides.com ) – RIBEIRO – MAIO:

Na primavera do 2022 tivemos a sorte de percorrer o Camiño do Viño da man do Museo do Viño de Galicia. Nun deses recorridos visitamos o lagar rupestre de Peitieiros, onde vos falei do amigo Antonio e todo o inmenso traballo de recuperación de viñedos e castes antigas que está facendo. 


Precisamente nos traballos de recuperación dese viñedo, Peitieiros, descubriuse o lagar rupestre que visitamos. Este ano non queda outra que ir visitar a súa adega en Ribadavia e probarlle os seus cotizados viños!


E imos facelo dunha maneira especial; Seguindo o Camiño Miñoto Ribeiro (https://www.caminominotoribeiro.com/) dende Cortegada a Ribadavia.

E ademáis  facendoo coincidir coa celebración da Feira do Viño do Ribeiro (https://feiravinoribeiro.com/ ) no primeiro fin de semana de Maio para que non quededes con ganas de probar Ribeiros.

Á chegada a Ribadavia recorremos esta fermosa vila e visitaremos Boas Vides para catar os tintos do Antonio na súa adega recién estreada!

Despois, visita libre a feira.

Ruta lineal con distancia de 13 km. Dificultade: Baixa

Cando: Sábado 4 de Maio

Custo: 35€ . Actividade só para asociados.



      1. ADEGA PATEIRA (https://www.adegapateira.com/) – O ROSAL - XUÑO :

Unha pequena adega e dúas xeracións traballando ombro con ombro para manter a súa historia e facela crecer.


A familia Pateira faranos viaxar con viños que van dende o 90% de albariño ate o 10% de albariño. 


Viños do Rosal con toda a personalidade dos produtores. Descubrirémolos despois de percorrer a Ruta das pozas do Rosal. Camiñaremos de poza en poza, cun obrigado baño en cada unha e ao final; cataremos. 

Recomendable levar bocadillo para matar a fame ao mediodia, xa que cos baños e paradas retrasaremos a cata ate a tardiña. Sobre as 19,00 horas degustaremos 3 viños no xardín da bodega acompañados de tres tapas.

Distancia: 15 Km. Dificultade: Media

Cando: Un domingo de Xuño a confirmar.

Custo: 30€ ( inclúe seguro, guías, visita a bodega con viño e tapas). Actividade só para asociados.



      1. CHAN DE VIDE (https://www.chandevide.gal/) – O CONDADO - XULLO:

En outubro de 2023 camiñamos por Salvaterra nunha ruta circular con parada no Museo da Ciencia do Viño. Aí coñécimos este proxecto. Mais ben o catamos. Na degustación que o propio museo ofrece ao final da visita. Tivemos a sorte de descubrir un viño que non coñecíamos e que ademais gustou moito aos participantes da andaina.


Resultado; Este ano coñeceremos tamén a adega.

Percorreremos parte da ruta das Pesqueiras e Senda dos Pescadores que baixa pola beira do Miño. No vran o Miño permite camiñar pola sua beira e incluso bañarse nas praias marcadas coma seguras.

Ao final da ruta probaremos os albariños Chan de Vide e Arabo (éste último con barrica) e tamén o tinto; Deitado. Acompañados de varias tapas nun picnic ao aire libre nas súas instalacións provisionais na antiga fábrica de Cepillos en Sela, Arbo.

Ruta circular de 13 Km. Dificultade: Baixa/Media

Cando: Un domingo de Xullo a confirmar.

Custo: 30€ ( inclúe seguro, guías, visita a bodega con viño e tapas). Actividade só para asociados.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Camiña e Cata Videiras No Mar (Hio, Cangas do Morrazo)

Camiña e Cata Viña Moraima - Domingo 24 de Marzo

Camiña e Cata Boas Vides - Outubro, pendente de data