Publicacións

Camiña e Cata a Granxa D´Outeiro

Imaxe
 Cando o río Outeiro está a piques de morrer no Miño forma O Pociño de Francelos : Un bonito recuncho onde os páxaros cantan sen fin e o tempo parece pasar ao ritmo lento do propio río.  Xusto enriba de nós está a bodega da Granxa D´Outeiro , que obviamente recibe o nome do rio que ten aos pes: Eiquí  comezaremos a camiñar, para enseguida atoparnos cun inmenso viñedo abandonado: Socalcos esmorecendo,  agora cubertos de vexetación e árbores posiblemente centenarias. O que en tempos era unha gran viña agora e unha paisaxe de arbores e grandes penedos: Paisaxes, e camiños últimamente atacados pola invasión da insistente acacia: Papando completamente o camiño que tamén levaba centos de anos dando servizo 😔 Seguindo a subida nos atopamos con espectaculares vistas do Miño e da propia Granxa D`Outeiro e os seus viñedos. E seguiremos monte arriba. E na cima atoparemos o Chan da Moura . Un lugar entre máxico, telúrico e histórico: Entre penedos, unha morea de covas, un lag...

Magosto Miñoto en Corisca!

Imaxe
  Pois ocorreúsenos que un Magosto eiquí tiña que ser divertido, así que propuxémoslle  a Natalia facer unha andaina, unha cata e para rematar; o Magosto.  Ela respondeu: Ímolo pasar de medo! (resposta creada por IA 😊)  Para que non a coñeza, Bodega Corisca, é unha productora de albariño ecolóxico situda en Baldráns, Tui. Ollo que só hai dúas en toda a DO Rias Baixas e hai mais de 170!! Con 2 hectáreas na bodega e outras 2 nunha casa familiar pertiño.    Natalia e unha boa amiga que nos soporta bastante a miudo. De feito, xa celebramos na adega un Rock no Alboio. O primeiro! Ademáis do viño de Corisca tamén presentamos viños de outras adegas da zona: La Val, María Bargiela, Angel Sequeiros e The Bargiela Bienati Winery: Tres concertazos e algo de comida para aguantar o día. A resposta de público foi bastante boa: E onde estaba o escenario hoxe imos facer... Onde houbo Rockandroll, eiquí da man dos nosos queridos The Bo Derek´s... Pasaremos a lume, castañas...