Camiña e Cata Areeiros. Domingo 23 de Marzo
Coma case sempre prometo; Unha ruta chaira sen case costas 😄
O punto de inicio e fin será a Casa Rural e Adega Os Areeiros. O nome supoño que ten muito que ver cos Viños de Area da península do Morrazo.
Viñedos visibles incluso dende a estrada que vai dende Rande a Vilaboa. A famosa estrada das rotondas...a única alternativa se non queres pagarlle ao Florentino.
Eiquí xa vemos as viñas chegando a area da ría. Na andaina pasaremos por estas outras:
Os viños de area tiveron no seu momento unha gran vantaxe; A Filoxera non lle podía atacar. Por eso, no Morrazo atópanse cepas moi antigas, pre filoxera. O que na nosa primeira visita chamaban Cepas en Pe Franco. Vos acordades??
![]() |
Por certo, na visita de Videiras no Mar, Luis Videira nos comentou que César Alonso lle bota unha man para facer o viño. Enólogo de varias adegas (Cuñas Davia, por exemplo) e responsable de María Soliño; Un viño de area... que se non me trabuco muito, ten algunha desas viñas que están ahí marcadas.
Déixovos unha nova da Voz onde conta a súa historia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/cangas/2023/10/05/embrujo-vino-arena-leyenda/0003_202310V5C8991.htm
Pois digo eu, que eses viños de area son os que deron nome a esta adega. Preguntarémoslle na visita ao seu dono; Guillermo Martínez. Quen, ademais, foi peza clave na creación da IXP Ribeiras do Morrazo e sempre está presente nos actos de promoción do viño do Morrazo; Mostra do Viño de Vilaboa, Festa do Marisco de Vilaboa ou a Festa dos Viños IXP Ribeiras do Morrazo en Marín.
Na actualidade, Guillermo conta coa axuda da súa filla e do seu fillo, tanto na explotación da Casa Rural coma da adega, como podedes ver nesta visita que fixemos hai uns anos.
Teñen un amplo viñedo rodeando a casa Rural e suman catro hectáreas en total. O seu enólogo e o afamado Pablo Estévez. Auténtico recolector... de premios :-)
Non sei se o Domingo 23 teremos tan boa sorte co tempo, coma nesta visita. Sitios agradables para catar o viño teñen dabondo.
A esa visita chegamos en bici dende Vigo. Homes, mulleres, pequerrechos...
Que chegaron cansos, pero nada que un pouco de móvil non poida arranxar :-)
E nós que veremos na ruta?
Percorreremos a, digamos, península de Larache:
Nos meteremos polas Salinas de Ulló
E visitaremos os restos da granxa que explotaba as Salinas:
E como non, o final da ría de Vigo:
Comentarios
Publicar un comentario