Así foi o CeC Os Areeiros

Pois marchou o Martinho a tempo e deixounos sitio para camiñar tranquilamente. Desta volta non nos dimos de bruces cunha tormenta con nome :-) 

Pero tamén é certo que algún resto foi deixando para que non quedáramos secos de todo :-)

Inda así, logo chegamos á Granxa das Salinas. As construccións dende onde se controlaba e explotaban as propias salinas. Feitas no século XVII e explotadas ate o XVIII.


Hoxe en estado de case total abandono e caindo aos poucos. 



E despois nos demos un paseiño polos muros das salinas. Eiquí estábamos xusto onde a muiño de marea se construiu coa reforma do enxeñeiro francés; Felipe Auguste Cazaux (que por eiquí deron en chamar Casó :-)


Varios de nós pensábamos que este muro configuraba as salinas dende a construción orixinal, pero en realidade este muro non existía e as salinas só ocupaban a parte que na seguinte foto se indican como en desuso:

Fonte: https://salinasdoullo.gal/es/las-salinas-en-3d/

O tal Cazaux era o encargado das obras do ferrocarril ao paso de Redondela e Tui. Compra as salinas para facer unha industria conserveira, e fai tamén a coñecida banca de Casó e o mencionado muiño de marea.

Pero a única conserveira que se chega a facer e Connorsa no século XX. O pegote branco da foto:


Xusto despois desta fábrica atopamos viñedos pegadiños ao mar e o sol fai acto de aparición.

Unha pequena pausa era o tal...


Despóis seguimos cara a Larache, onde temos a sorte de poder coñecer a Casa Rural Pazo Larache:

Parece que están especializados en bodas e eventos ate 200 persoas.

Xardíns e espazos con encanto teñen dabondo!

Ate un gatiño modelo:


Dámoslle as grazas a encargada da casa e seguimos pola pista que rodea Larache. 


Unha pista moi agradable con vistas á ría e a isla de San Simón que normalmente non coñecemos. 
Pero agora toca subir ate o noso destino.
Cruzaremos a autopista por unha pequena ponte.

A pesar de ter un de Chapela no grupo, aguantamos a tentación e non lle tiramos pedras aos coches :-)

Pero inda toca subir un chisquiño mais.

Inda que hai algún que non agradece este pequeno, e último tramo ;-)

A min paréceme a mellor forma de facer boca e prepararnos para a cata :-)

Os Guillermos, pai e fillo, nos ensinan a bodega e nos deixan ao noso albedrío cunhas botellas e abundante, e delicioso pincho :-)


Do que dimos boa conta, claro está!
Eu xa coñecía o branco doutros anos. E o que probamos estaba moi bo. Agarimoso en boca e nariz pero non exento de personalidade. Ataque bastante notable en boca e coma dixo algúen: Perigroso :-)
Bébese con moita facilidade e se un se descuida... 

O tinto tamén sorprendeu. Caiño, Sousón e Mencía. Non sabemos en que porcentaxes. Tamén moi agradable, nada ácido e tamén moi facil de beber. Pouco resistente en boca, pero agarimoso. Pouco que ver cos tintos que nos atopamos normalmente. 

Non podemos menos que felicitar a Guillermo por ter sido un dos promotores, ou o promotor principal da IXP Ribeiras do Morrazo e tamén polos viños, e por esa casa rural tan ben coidada e cunha super piscina que mete envexa! Dan ganas de vir a pasar uns días e gastalos entre a piscina e a bodega :-)

E por suposto grazas por atendernos tan ben!!

E grazas aos socios que non se arredaron polo tal Martinho e viñeron a Camiñar e Catar!


Post Data:
Hoxe recebemos noticias dun novo Camiño de Santiago que quere unir Vigo con Cangas, Moaña e as propias Salinas do Ulló! 
O Camiño dos Xesuitas. Tedes mais info no seguiste enlace:
https://www.farodevigo.es/pontevedra/2025/03/31/nueva-vida-camino-jesuitas-115857072.html

Comentarios

Entradas populares de este blog

Asi foi o Camiña e Cata Quinta das Alvaianas

Camiña e Cata Boas Vides - Outubro, pendente de data

Semana Santa en Valdeorras: Bodegas Sampayolo, A Coroa e As Covas de Seadur.