Así foi o Camiña e Cata Videiras no Mar

 


Así era o cartaz.

E así o imaxinábamos:

Pois así foi: 


Comezamos puntuais e nos diriximos á praia de Area Brava. Seguindo hacia Punta Couso.


Percorrendo congostras, pistas e algúnha estrada. Pasando polas calas de Curres e Rabáns ate chegar ao Camiño Vello de Couso.


Ahí nos explicou o noso querido guía, e amado líder,  por qué podemos pasar por unha entrada que pon Propiedade Privada. De feito o camiño é público e non se pode limitar o acceso (como nos confirmou o propio Concello de Cangas!). 


Así poderemos chegar á Praia de Sandegar e mais adiante á de Couso. A partir de ahí non está claro se podemos chegar ao mesmo faro (na punta). Existe unha suposta urbanización privada (Casas todas totalmente diferentes unha da outra) que non permite o acceso en coche pola carretera de arriba. Xusto onde se ve a marca vermella hai un portalón pechado que nega o acceso.


Resulta moi estrano que os coches non poidan acceder a todo ese terreo marcado a partir da línea branca. Así como o paso libre dos peóns dende o Camiño Vello de Couso ate a rúa Subida a Couso. Sobretodo habendo un faro, unha antiga batería de cañóns do exercito, praias...
Amantes das causas xustas, eiquí tedes unha; Free Couso!!

Nos, mentras tanto, fumos chegando:


E tomamos a praia de Couso para facer unha pequena pausa e comer algo. E tamén situarnos. Porque estamos no final da chamada Ría de Aldán, un pouquiño mais arriba xa estaríamos na propia Ría de Pontevedra. Ao fondo vemos Sanxenxo e Portonovo.


Despóis tocou voltar, sempre coa Ria de Aldán vixiando os nosos pasos. Se cadra tamén o vixiante da urbanización cos cans. Ou se cadra esa é unha lenda. 


A praia de Sandegar resulta espectacular á vista:


Haberá que volver no vran a probala!
Por certo, quen quere unha casa na costa?? A min chégame cunha mesa así :-)


De volta tiñamos pensado facer unha paradiña na antigua salazón que hai ao carón do Chiringo Vikingo: 


Un sitio ben curioso onde nos atopamos dúas actitudes:


Os que se quedan na primeira pedra e os que baixan a investigar...e incluso caer. 


Os da pedra locen moi ben. Xa temos portada para o disco :-)


E os que baixan...que buscan?
Uxio a gruta que unha vez visitou nun kayak e que non consegue situar dende terra. Ou simplemente, busca unha foto marabillosa


Ollo, que os de arriba tamén as teñen:


Que non é todo posar :-) 
Algo se cocía por ahí :-) 


Que andarían argallando?
E seguimos camiño ate Area Brava. Algún caiu... pero esta vez atrapado por un chiringuito aberto e o canto de serea da Santa Cebada. 
Outros seguimos ate a praia de Castiñeiras:


Hoxe no grupo non levamos ningún indixena nativo americano, indios sí que había algún, que nos puidera dicir canto tempo nos levaba o corzo:


Así que voltamos polo chiringo (pechado e con bo firme) para evitar mais caídas. 
E de vez en cando, moitas veces, case sempre... non deixedes de botar un ollo atrás:


Sempre está ben saber de onde ves, pero ademais, moitas veces é fermoso :-) 


Ao chegar a bodega Luis Videira propúsonos subir aos viñedos. Aceptamos gustosos:


Inda quedaban "Rebuscas" dabondo e probamos Treixadura, Albariño, Caiño e algunhas tintas


Supoño que cando falan de Viños Atlánticos se refiren a isto!


Digo eu que sí.


Os tempos son chegados! É o momento de probar o Quereres de Hío, o Quereres de Berobreo e o tinto.


Acompañados respectivamente de queixo, chourizo, empanada e callos. 


Algún tiña que morderse os dedos para non comer :-)

Coñecín estes viños na presentacións das IXP Galegas de Viño que se fixo en Muta, Vigo. Alí tiven a oportunidade de probar o Quereres do Hio  (Albariño 80%, Treixadura, Loureira e Caiño) que me gustou muito. 


Recordo que a sesión estaba guiada por Alejandro Paadín quen falou marabillas do Berobreo "un viño de clase mundial" Leva a mesma selección e porcentaxe de castes, pero ten crianza en barrica. 


Recordo tamén, que ao sair coincidin con César Alonso, un coñecido enólogo, que me dixo; "Para o que fas ti ten bo sitio o Luis" E acto seguido mo presentou. 

Pois razón non lle faltaba! Puidemos disfrutar o pasado domingo do sitio, da boa compañía de Luis, dos viños  e de toda a fermosa costa que rodea Videiras no Mar. Moi bo chivatazo César; Gracias!!

Polo que teño entendido, César bótalle unha man a Luis facendo o viño e a cambio fai o seu propio viño alí. O María Soliño. O que lle chaman un Win / Win de toda a vida. Gañan os dous e gañamos nós que bebemos os viños :-) 

Por certo, probamos fai pouco na de Abraham en Salvaterra (Templum Sensibus) o María Soliño. Seica levaba dous anos en tenda e estaba boísimo! 

Viños Atlánticos. Viños de Area. Viños Mareiros... Deíxate levar e próbaos!!

E coma sempre: Moitas grazas aos Soçis por facer esto posible, por vir as andainas, pola simpatía que vos gastades e tamén por as fotos que nos enviades!!!  

Post Data:
Despois da visita, dous valentes entregaron os seus corpos espidos ao Diós Neptuno. Quen, tras cuidadosa inspección, decidiu devolvelos a terra.  Hai rumores, sen confirmar, que estaban reclamados polo Dios Baco :-)

  









Comentarios

Entradas populares de este blog

Camiña e Cata Videiras No Mar (Hio, Cangas do Morrazo)

Camiña e Cata Viña Moraima - Domingo 24 de Marzo

Camiña e Cata Boas Vides - Outubro, pendente de data