Camiña e Cata Salvaterra co CRACC
Unha rutiña xeitosa:
https://www.wikiloc.com/hiking-trails/circular-salvaterra-de-mino-v-corta-salvaterra-pontevedra-48977210
Un pouco longa, sobretodo para os asustadizos que cando ven 17 km bótanse a correr, pero faise ben.
Bo traballo do Concello coas rutas e tamén con Museo da Ciencia do Viño e as propias termas.Xa coñecíamos a parte do Rio Mendo e do Tea, pero había que facer traballo de campo para investigar ben a parte do enlace entre os ríos. Que por certo, pode estar millor sinalizada. O día de traballo tocounos con 33 grados...a praia de Cordeiro "a tope":
Inda que tamén había sitio para os namorados:
Comezamos dende o parking das termas https://maps.app.goo.gl/P1Hxed7VxH5QToFg6 No parking do fondo para coller sombra e non molestar aos usuarios das termas.
Bastante puntualidade no batallón, salvo algunha excepción que non imos nombrar :-)
As 11.00h xa estábamos facendo unha proba de carga na ponte sobre o rio Mendo:
Chegamos ahí ben sombreados. Hoxe pega ben. Como o día que probamos a ruta.O sendeiro que bordea o Mendo é estreito e bastante sombreado tamén. No camiño atoparemos varios muiños e levadas:Tamén fermosas historias de amor:"Croco por qué non o queres ver?"Hai un rato que deixamos o Mendo. Agora tocar subir entre sombras e sol.Atopamos unha nova plantación de albariño no medio do camiño. Hai que bordeala para volver ao camiño marcado e seguir cara a peculiar Ermida de Asunción. Construida hai 100 anos debaixo dunha enorme pedra e cunhas vistas privilexiadas, resulta o sitio perfecto para recibir un sinal divino :-)Ponteareas ao fondo. Pesqueiras en primer plano. Comenzamos o empinado descenso.Por diferentes congostras e camiños. Para finalmente chegar ao Tea. Ollo que a última parte do camiño no está moi ben marcado. Durante todo o día atopámonos con setas. Hai quen levou uns cuantos boletus para a cea!
A asamblea decide que son macrolepiotas pero deciden salvarlle a vida. Con esto das setas nos sabes moi ben quen salva a quen 😅
Espantallo último modelo. O bolso cos zapatos a xogo...pobriños páxaros o que teñen que aguantar!
Pasamos por varias sinais da Xunta de postos de estacada. Ahí vos deixo unhas fotos de exemplos do pasado marzo.
Dani que ben loce!
Coma vimos facendo todo o día, aproveitamos para recoller os plásticos que nos atopamos.
Agora Dani non sabe por qué lle pido que saúde a cámara 😉
E chegamos a Praia fluvial de Cordeiro. Parada obrigatoria para baño e comida.
Eiquí xa estábamos recollendo. Dani que ben loce!
Coma vimos facendo todo o día, aproveitamos para recoller os plásticos que nos atopamos.
Agora Dani non sabe por qué lle pido que saúde a cámara 😉
Nese mesmo sitio, o marzo pasado, tivemos a tremenda sorte de presenciar os intentos dos salmóns para remontar o río:
Parece ser que hai un plan de repoboación por parte da Xunta. A nós deixounos abraiados!
Unhas cadeiras en mitade do curso que recordan a aquel famoso disco de Supertramp: Crisis what crisis 😄
Queda pouco para a seguinte parada.
Queda pouco para a seguinte parada.
Agora toca falar de historia e de viño.
E tamén probalo. Que por certo, estaba boísimo!!
Para rematar a visita ao museo unha foto de grupo misterioso.
Quédanos un anaquiño para chegar as termas. 2 km e xa non pega o sol. O paseo faise ben agradable. Iso sí, o calor acumulado do día non invita a meterse en auga a 45°. Marcharemos satisfeitos para casa.
E tamén probalo. Que por certo, estaba boísimo!!
Para rematar a visita ao museo unha foto de grupo misterioso.
Quédanos un anaquiño para chegar as termas. 2 km e xa non pega o sol. O paseo faise ben agradable. Iso sí, o calor acumulado do día non invita a meterse en auga a 45°. Marcharemos satisfeitos para casa.
So falta darlle as gracias ao CRAC de Coruxo!
Comentarios
Publicar un comentario