Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2025

Magosto Miñoto en Corisca!

Imagen
  Pois ocorreúsenos que un Magosto eiquí tiña que ser divertido, así que propuxémoslle  a Natalia facer unha andaina, unha cata e para rematar; o Magosto.  Ela respondeu: Ímolo pasar de medo! (resposta creada por IA 😊)  Para que non a coñeza, Bodega Corisca, é unha productora de albariño ecolóxico situda en Baldráns, Tui. Ollo que só hai dúas en toda a DO Rias Baixas e hai mais de 170!! Con 2 hectáreas na bodega e outras 2 nunha casa familiar pertiño.    Natalia e unha boa amiga que nos soporta bastante a miudo. De feito, xa celebramos na adega un Rock no Alboio. O primeiro! Ademáis do viño de Corisca tamén presentamos viños de outras adegas da zona: La Val, María Bargiela, Angel Sequeiros e The Bargiela Bienati Winery: Tres concertazos e algo de comida para aguantar o día. A resposta de público foi bastante boa: E onde estaba o escenario hoxe imos facer... Onde houbo Rockandroll, eiquí da man dos nosos queridos The Bo Derek´s... Pasaremos a lume, castañas...

Así foi o Camiña e Cata - Boas Vides

Imagen
  A finais de outubro conseguimos, por fin, visitar Boas Vides. Os tempos son chegados, que dicía o outro, e xulgando polo tempo, sí que foron 😃 Inda que a mañá empezaba con frio e foi lentamente levantando. Os sorrisos tamén ían aparecendo. E se tes un móvil de última xeración o sol xa cho pon él! 😆 Co meu toca esperar a que o Lorenzo saia de todo... Pero hai outros que non o necesitan 😀  Dios mío xa hai clases sociais ate para os recordos! 😈  Menos mal que o camiño e igual para todos... A subidiña foi un pouco dura, pero como dicía aquela nai ao seu rapaz: "Lo difícil es hermoso!"  Pasadas as dificultades nos reagrupamos e enfilamos cara A Barca   A aldea abandoada que antes era pasaporte para a outra beira do Miño.  Chama a atención coma construccións tan solidas, en tempos casa de familia de cartos, podénse desvanecer deste modo. Que tal unha reconstrucción ecolóxica con casas autosificentes? 😍 E seguimos camiño ate Meréns: Outra reagrupación, auga...