Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2025

Así foi o Camiña e Cata Chan de Vide

Imagen
Supoño que as cambiantes previsións de choiva desanimaron a moitos socios a apuntarse. Nos últimos días daban sol, choiva, menos chovia, más choiva... o día anterior dicían que non chovia pola mañán e que sí o facía pola tarde... Choveu todo o rato 😂 Con certos claros, eso sí. E ademais sempre sen vento. O que ven sendo choiva pa´ baixo. Da que pos un paraugas e non te mollas. Sobre todo se tes boa bota ou eres capaz de evitar os numerosos charcos 😅.  E así fumos remontando primeiro o Miño e despois o Mendo. Este segundo cunha pista bastante embarrada. Despois subimos cara a Capela da Asunción a facer a foto de grupo obrigada. Curioso lugar. Hoxe case sen vistas. De feito, según chegamos ofrecía unha espectacular imaxe, inda que na foto nos se aprecia muito. Pero foise pechando e  empezou a diluviar. "El vital aislamiento del panel sandwich en el inexistente panel informativo" 😂: Despois seguimos cara o Tea. Hoxe, por primeir...

Semana Santa en Valdeorras: Bodegas Sampayolo, A Coroa e As Covas de Seadur.

Imagen
Esta Semana Santa imos a Valdeorras a visitar Bodegas Sampayolo, A Coroa e a disfrutar da festa das Covas de Seadur!  Datas :  Saida Venres Santo - 18 de Abril Retorno: Domingo 20  As Covas de Valdeorras: As covas son unha seña indiscutible de identidade da comarca e motivo máis que suficiente para visitala.  Se non as coñecedes non deixedes de ver o seguinte documental da propia D.O.  É un pouco longo, 26 minutos, pero merece moito a pena: https://youtu.be/quU6OicpecE?si=yiCaK89ny8A7Xfb2 As Covas de Seadur: Todolos anos no sábado de Semana Santa os propietarios das covas de Seadur (unhas 30 creo recordar!) abren as súas portas para que sexan visitadas. E hai auténticas xoias 😍 A cambio dunha pequena entrada de 15/16€ o visitante probará o viño de todas as covas e tamén comerá os abundantes pinchos que se ofrecen.  E como non: Haberá charangas animando a festa circulando por todas as covas. Tamén cantos de taberna, coma non... Algúns mais afinados e outros...