Así foi o Camiña e Cata Viña Moraima
A terceira vai a vencida! Por fin podemos estrear as xornadas de Camiña e Cata do 2024! E supoño que non podía ser de outro modo. En Barro, da man de xente amiga ( Roberto Rivas de Viña Moraima e David Abal , viticultor, Cooperativista de Martin Codax e familiar), pasando pola aldea do meu pai, Valiñas ( https://bikeandwinegalicia.wordpress.com/2023/10/08/un-canto-a-valinas-jei/) e disfrutando dun auténtico diazo de sol! Visto así, normal que nos xuntáramos un nutrido grupo. Case chegamos aos 30! Quedamos as 10.00h en Moraima para empezar a camiñar e salvo unha parelliña, todos chegaron en hora. A primeira parada no Illó , en Valiñas. Alí nos esperaba Roberto para contarnos como se fai uva por estos lares. Para empezar explicounos que é o patrón directo (ou pe franco, inda que a Roberto non lle gusta muito esta segunda acepción 😉) Para que non o saiba esta zona do Salnés aguantou ben o ataque da Filoxera e non tivo que ser inxertada co patrón americano. De ah...