Camiña e Cata Videiras No Mar (Hio, Cangas do Morrazo)
-. Videiras No Mar? Que será iso?? -. Representación gráfica: -. Pero Viño Activo vainos levar a ver esa videira e nada máis? -. Claro que non! Vai levarvos a ver a bodega de Luis Videira , que se chama Videiras No Mar e está pegadiña a praia de Area Brava : -. Ahí hai unha bodega?? Estás de coña, Miguel. -. Non, non estou: E ten dous viñazos brancos, o tinto inda non o probei. Quereres do Hio seica ten 92 puntos na guía Parker e o Berobreo, que ten barrica, ten Ouro + na guía de Paadín. -. Carallo! E que son? Albariño? -. Albariño, Treixadura, Loureira e Caiño. Como che queda o corpo? -. Con ganas de ir. E qué ruta faremos? -. Pegadiños pola costa, todo canto poidamos ate chegar a Couso: -. E cando cheguemos a Couso que faremos? -. Voltar polo mesmo camiño e seguir ate Pinténs: A esas alturas xa lle calculo que teredes sede... e fame! Haberá que ir onde o Luis a probarlle os viños e tomar unhas tapas "tapaburacos". Horario : Comenzaremos a camiñar a eso das 10.00h ...