Magosto Miñoto en Corisca!
Pois ocorreúsenos que un Magosto eiquí tiña que ser divertido, así que propuxémoslle a Natalia facer unha andaina, unha cata e para rematar; o Magosto. Ela respondeu: Ímolo pasar de medo! (resposta creada por IA 😊) Para que non a coñeza, Bodega Corisca, é unha productora de albariño ecolóxico situda en Baldráns, Tui. Ollo que só hai dúas en toda a DO Rias Baixas e hai mais de 170!! Con 2 hectáreas na bodega e outras 2 nunha casa familiar pertiño. Natalia e unha boa amiga que nos soporta bastante a miudo. De feito, xa celebramos na adega un Rock no Alboio. O primeiro! Ademáis do viño de Corisca tamén presentamos viños de outras adegas da zona: La Val, María Bargiela, Angel Sequeiros e The Bargiela Bienati Winery: Tres concertazos e algo de comida para aguantar o día. A resposta de público foi bastante boa: E onde estaba o escenario hoxe imos facer... Onde houbo Rockandroll, eiquí da man dos nosos queridos The Bo Derek´s... Pasaremos a lume, castañas...