Así nos foi o Safari de Castrelo, Cambados!
Safari de Historias e Viños . Castrelo, Cambados. Domingo 21 de Setembro Pois si así empezamos, como acabaremos! Decididamente estes dous cans non nos van axudar no noso próposito: Cazar viños e historias na parroquia de Castrelo. Eles, e a Fundación que os acolle, son o noso punto de partida e o final. Antes haberá que percorrer lugares fermosos Que normalmente dan abrigo a un bo número de aves migratorias, xa que estamos no Complexo Intermareal Umia - Grove. Hoxe, coa marea tan baixa non da para velas, pero a paisaxe compensa. Os cazadores de fotos ben o saben. E os pescadores non buscan a beleza. Chégalle con meter algún peixe nas cesta. Sen decatarse da fermosa imaxe que deixan 😍 Tamén hai moita mariscadora que vive destas terras. Acabábamos de atoparnos cun vixiante. No verán elas mesmas teñen que botar unha man nas tarefas de vixianza. A xente segue sen saber que o marisco hai que sembralo... Este photocall o que sembra é un montón de fotos! Os amigos de Lagar d...