CeC Festa do Vinho Alvarinho e Fumeiro - Domingo 27 de Abril

Algúns din que Melgaço é un sitio de viño. E sobretodo, de Alvarinho . Se aproximamos un pouco a lupa, veremos que vides ten bastantes: Ademáis dunha torre medieval: E dun centro histórico moi coidado e bonito: Será por iso que do 25 ao 27 de Abril celebran a 31ª Edición da Festa do Alvarinho e do Fumeiro ( fumeiro son as comidas curadas con fume, tipo chourizo, etc): www.festadoalvarinho.pt E seguindo coa nosa teima de "Matar Domingos", vos propoñemos o seguinte plan: Andaina duns 10 kilómetros polos arredores de Melgaço: O percorrido non coincide exactamente Con saida e chegada dende a propia Festa do Alvarinho. Na explanada que hai detrás do Castelo, que nestes días locerá ésta carpa: Dende ahí baixaremos polo centro histórico para despois cruzar a N202 e seguir por unha pequena carretera secundaria ate o Balneario: E a súa maravillosa fonte, sempre digna de visitar: Que loce tanto por dentro como por fora: Despois iremos cara as pasarelas ao carón do Minho. Pero antes ...