Entradas

Mostrando entradas de junio, 2024

Camiña e Cata Adega Pateira. Domingo 22 de Xuño

Imagen
  Representación gráfica da ruta que nos espera o Domingo 22 de Xuño 😍😍 3 pozas; Bugalleira, Lourenzá e Pozo do Arco, por ese orde. Para seguir coa cata dos viños de Adega Pateira (https://www.adegapateira.com/) nun sitio moi especial; O Chiringo dos Muiños do Folón   e  con abundante pincho para recuperar forzas. Todo un luxo! Pois sí! Buscaremos esa cor tan bonita que ten o Tamuxe . Non intento porlle nome que non teño tonalidades de serie, xa se sabe cos homos erectus... Os da versión masculina, claro! Esa mesma! Podía dicir que empezaremos a andaina na igrexa de San Pedro de Burgueira, pero ten máis pinta de que empezaremos no Bar Rocha (https://maps.app.goo.gl/Kbq59TZ1yExtdEYw8 ). Alí hai un pequeno parking e quen queira pode tomarlle un café antes de sair. Hora aproximada de saida: 11.00 h. A primeira poza será a de Bugalleira : Algúns días loce así:  Haberá un cambiador para facilitar o tránsito de roupa de pateo a bañador e viceversa.  Despois será o ...