Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2024

Asi foi o Camiña e Cata Quinta das Alvaianas

Imagen
  Xa pasaron uns días dende esta andaina.  Un bo momento para recordar o ben que o pasamos!! A ruta quedounos tal que así. Circular, pero entrando na bodega polos viñedos.  Algunha costiña houbo, non vamos mentir, pero en xeral acabamos todos bastante dignos💪 O primeiro tramo seguindo o Caminho Minhoto Ribeiro. Entre pequenas poboacións e vistas ao Miño. Logo chegamos a Cevide,  alias "Aquí começa Portugal", co seu marco, as súas rúas e as bonitas pasarelas. A Travesía do estraperlo estaba en obras, non nos quedou outra que ir polas pasarelas 😂 De camiño fixemos un amigo, pero non quiso vir con nós a Espanha 😅 Primeira ponte internacional cruzada.  Xa podemos divisar o Miño dende terra patria ☺️: "Eiquí pódese escoitar o canto dun galo de tres provincias diferentes: Pontevedra, Ourense e Melgaço" nos apunta José 🙂 Unha pequena virada e xa estamos no inicio da senda do río Troncoso E volveremos a Cevide, á casa antiga do Posto Fiscal ( hoxe privada): E cruzar...