Entradas

Mostrando entradas de abril, 2024

Camiña e Cata Quinta das Alvaianas - Domingo 21 Abril

Imagen
Punto de inicio;  Ferreira, Melgaço . Que nos espera nesta movida silueta? Nada mais e nada menos que tres pontes internacionais:   Cevide, o pobo onde "começa Portugal": Galegos como somos, e por tanto amantes dos marcos, poderemos admirar o primeiro marco do noso querido pais veciño: Para despois camiñar pola extrema 😉: Recordando tempos pasados de estraperlo bendito:  E remontar un río con dous nomes: Para os espanhois chámase Barxa e para os portugueses Troncoso. Onde ademais de contrabando, tamén había muitos muiños: Unha noite no muiño, unha noite non é nada... Pois como serían estas muiñadas internacionais??  O berce do programa Erasmus, se cadra 😂 Ese precioso camiño que segue o río sube e baixa continuamente e ten algún que outro escalón. Ate chegar a Ponte Barxas. Ahí cruzaremos para Sao Gregorio e retornaremos entre vilas portuguesas e paisaxes de fermosos vales transfronteirizos. Seguiremos estradas secundarias e camiños ate chegar á Quinta das Alvaiana...